1 de febreiro de 2010.- Mañá mércores a candidata á alcaldía Paula Fernández Pena, inicia en Cortegada, a súa rolda de contacto cos cidadáns, de cara a elaboración do programa electoral para as vindeiras eleccións municipais.
Ademais a candidata falará cos veciños de temas de actualidade como a lei de augas, a problemática da sanidade ou sobre as obras que quedaron pendentes de resolverse.
Paula Fernández escolleu Cortegada como o punto de partida para esta visita a tódalas parroquias de concello, “é a miña parroquia e sempre empecei todas as campañas nela”, e partir de aquí e ata o 2 de Abril percorrerá entre tres e catro parroquias a semana para falar cos veciños cara a cara e escoitar todas e cada unha das súas peticións.
A seguinte visita será o Venres día catro a parroquia de Laro, onde a candidata estará acompañada de Dolores García a súa muller forte da zona quen será candidata na lista electoral como xa foi anunciado.
O xuntanza cos veciños poderá seguirse a través das redes sociais Facebook (http://facebook.com/agrupacionsocialistadesilleda) e twitter (@psdeg_silleda). Como se espera que a xuntanza remate tarde o longo da mañá seguinte remitiremos un resumen aos medios con todo o acontecido.