21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 FEBREIRO / A CANDIDATA PAULA FERNÁNDEZ REÚNESE COS

2011 FEBREIRO

A CANDIDATA PAULA FERNÁNDEZ REÚNESE COS VECIÑOS DE CORTEGADA.

Acudiron entorno a un centenar de veciños.

 

03/02/2011

 

Entorno a medio centenar de veciños de Cortegada acudiron onte a presentación oficial de Paula Fernández como candidata á alcaldía de Silleda, nun acto marcado pola participación social e do que se sacaron varias propostas para inclusión no programa electoral.

A candidata explicoulles en primeiro lugar como ten pensado encamiñar este proceso electoral, e deu conta do traballo feito dende a oposición, explicándolle aos veciños as mocións e preguntas presentadas en pleno e que afectaban directamente a parroquia. Analizáronse cos veciños ademais problemáticas xerais como a sanidade ou a lei de augas.

Logo abriuse unha quenda de intervencións no que os veciños fixeron varias peticións para que sexan incluídas no programa electoral dos socialistas, que se centraron maioritariamente no arranxo de pistas.

Ademais presentáronlle queixas sobre o estado do vial recen arranxado que une Taboada e Cortegada, así como o malestar porque nas obras de mellora feitas na carretera Silleda Laro non se houbera solventado as demandas da zona.
 
A candidata valorou moi positivamente esta xuntanza "que nos permite recoller de primeira man as ideas dos cidadáns e así elaborar un programa electoral feito por e para os silledenses". Salientou ademais o bo clima existente que demostra unha vez máis que a cercanía e fundamental para gobernar.


 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera