29 de xaneiro de 2011.- O PSdeG de Silleda informa da presentación da demanda contra Ofelia Rey por denegarlle o acceso a documentos para facer o seu traballo, “vulnerando con elo os nosos dereitos fundamentais".
A día de hoxe os socialistas tiñan pedido información, entre outra, a relativa o proxecto modificado da calle Agro do Balo ou o proxecto de acceso a explotacións de viñedo; ó expediente sobre licenza de explotacións agrícolas “ou o mais salientable, a petición dun avance da liquidación do ano 2010”. Foi precisamente esta falla de información o que motivou o abandono do grupo municipal socialista no pleno pasado xa que, "o non ter acceso a información económica nin técnica non puidemos coñecer a realidade económica de Silleda hasta que xa foi tarde e nos encontramos con 605.000 euros de facturas impagadas".
Obstaculizar a labor da oposición.
Salientan que ademais de non darlle información aos concelleiros socialistas, a alcadesa tampouco remitiu ao xulgado o expediente administrativo "co fin de seguir obstaculizando a labor non so da oposición senón tamén da Xustiza”.
Para os socialitas a "A ineptitude de Rey chega incluso a ámbitos de súa defensa, xa que ó non remitir o expediente o Xulgado a coloca nunha situación de debilidade xurídica”.