21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 FEBREIRO / PAULA FERNÁNDEZ E DOLORES GARCÍA REUNIRO

2011 FEBREIRO

PAULA FERNÁNDEZ E DOLORES GARCÍA REUNIRONSE COS VECIÑOS DE LARO.

Paula Fernández e Dolores García reuníronse onte cos veciños da parroquia de Laro, nun novo encontro para recoller propostas e iniciativas dos veciños para a elaboración do programa electoral.

 

14/02/2011

 

04 de febreiro de 2011.- Os mais de cincuenta asistentes debateron durante dúas horas concluíndo con varias propostas entre as que se poden destacar o arranxo e a mellora da rede de fontes o lavadoiros, o cambio dos depósitos da traída do lugar de Sante que seguen a ser de fibrocemento, e varias melloras na rede viaria.

 

Dolores García presentouse aos veciños da súa parroquia natal, como membro da lista socialista que concurrirá aos comicios municipais con Paula Fernández como cabeza de cartel e na que, anticipoulles que estaría Manuel Cuíña, tamén presente no acto.

 

Pola súa banda a candidata falou cos veciños na mesma liña que o mércores en Cortegada explicándolle as accións que levaran a cabo na campaña electoral. Tamén deu conta do traballo feito dende a oposición e as propostas e preguntas feitas durante os últimos meses en referencia a parroquia de Laro, onde a problemática do TDT, a recollida dos plásticos e os enseres porta a porta, ou as obras feitas na estrada Silleda Laro marcaron a liña de traballo socialista.

 

 Un dos temas que mais debate suscitou foi a lei de augas, sobre a que a candidata deu unha explicación a tódolos veciños que se mostraron sorprendidos xa que a inmensa maioría descoñecían os seus termos.

 

Paula Fernández destacou de novo a cordialidade do acto así como a participación no mesmo de todos e todas as asistentes que a través de preguntas e propostas demostraron unha vez mais a necesaria implicación da cidadanía cos políticos para a elaboración do programa electoral.

 

Os veciños mostráronse agradecidos coa decisión da candidata de abrir unha liña telefónica de contacto directo con eles para recoller mais propostas ao longo de estes meses.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera