18 de setembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 FEBREIRO / PAULA FERNANDEZ REUNÍUSE ONTE COS VECIÑO

2011 FEBREIRO

PAULA FERNANDEZ REUNÍUSE ONTE COS VECIÑOS DE OLEIROS.

Os veciños de Oleiros escoitan e participan no acto organizado pola candidata á alcaldía Paula Fernández.

 

14/02/2011

 

8 de Febreiro de 2010.- Os veciños da parroquia de Oleiros achegáronse ao local social da parroquia para escoitar e participar no acto organizado pola candidata á alcaldía Paula Fernández, no que estiveron presentes tamén Dolores García e Manuel Cuiña.


Logo de escoitar a  preocupación dos veciños e das veciñas por que non saben nada da tramitación da concentración parcelaria, se lles comunicou nos orzamentos da Xunta para este ano non aparece consignada ningunha partida orzamentaria para a súa tramitación.

Tamén se lles informou de que as emendas  aos orzamentos da Xunta de Galicia, presentadas a instancia do grupo municipal, nas que se solicitaba a inclusión nos mesmos das concentracións de Grava e Oleiros, foron rexeitadas co voto do  PP.


Os veciños solicitáronlle a candidata que traballase na consecución da mesma e que a incluíse no programa electoral.


Na liña doutras reunións, os veciños mostraron as súas queixas respecto ao estado de conservación das pistas da rede viaria municipal, e solicitaron a inclusión da mellora das mesmas no programa electoral socialista. Ademais acordaron tamén que fora incluído no programa electoral a   mellora do seu patrimonio etnográfico, como as fontes e os lavadoiros.

A reunión que se prolongou mais de dúas horas serviu tamén para que os veciños coñeceras as accións municipais levadas a cabo polo grupo municipal socialista, e mostraron unha fonda preocupación pola situación sanitaria de Silleda, ao tempo que atenderon as explicacións sobre a lei das Augas.


 

As roldas de contacto nas parroquias continuará o venres en Parada, unha vez que se trasladou a prevista en Refoxos para o Domingo, toda vez que o mércores deben acudir como membro de grupo municipal a xuntanza da ordenanza de limpeza urbana no concello.  

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera