12 de febreiro de 2011.- A candidata socialista nomeou esta mañá, en reunión coa executiva, o comité electoral que será o órgano encargado de dirixir e coordinar a campaña electoral.
O coordinador Xeral será Manuel Cuíña quen tamén asumirá a área de relación cos medios e administración.
Klaus Brey, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas será o seu adxunto e encargarase da mobilización social.
Xosé Manuel Castro asumiu as áreas de Actos e publicidade, sendo o encargado xunto co adxunto de coordinación de planificación, da organización e publicidade de todos os actos aos que asista a candidata.
Na área de administración electoral, apoio a candidatos e día D estará Pilar Peón, quen se encargará de todo o operativo administrativo.
Pola súa banda, Xavier Estevez se encargará da Area de Mobilización de Redes sociais e programas.
A candidata deulle unha semana para que formen os seus equipos de traballo en cada área, programándose a primeira xuntanza do comité electoral para o Sábado 19.