14 de febreiro de 2011.- Onte ao mediodía a candidata socialista reuniuse cos veciños de Refoxos para avaliar as súas propostas de cara a redacción do programa electoral. A xuntanza a que acudiron unha vintena de persoas cerrouse coa proposta dos veciños de arranxar o centro parroquial e crear unha zona de aparcadoiro ó seu arredor para mellorar o acceso ao mesmo.
Debatéronse sobre temas importantes para a parroquia como o saneamento, o TDT e incluso sobre a concentración parcelaria.
Co TDT os veciños mostraron o seu malestar xa que seguen a ter problemas coa recepción da sinal, que non foi solventado a pesar da diferentes promesas do actual executivo. Manuel Cuíña e Dolores García, que acompañaban á candidata, indicáronlles que durante o período socialista na alcaldía se redactou un estudio no que se sinalaba o punto exacto da parroquia onde tiña que ser colocado un enche-ocos para solventar definitivamente o problema na parroquia e que era inentendible a inacción do goberno.
Esta noite reuniranse cos veciños de Vilar.