21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2009 / O PARTIDO SOCIALISTA DE SILLEDA VALORA P

2009

O PARTIDO SOCIALISTA DE SILLEDA VALORA POSITIVAMENTE O ACORDO ACADADO ONTE.

LAMENTA QUE A ALCALDESA, COMO REPRESENTANTE DO PADROADO, NON ESTIVERA NA MESA DE NEGOCIACIÓN.

 

02/12/2009

 

2 de decembro de 2009.- O partido socialista silledense valora positivamente o acordo acadado onte polos representantes das cooperativas con membros do padroado. “Ven demostrar que as taxas estaban mal aplicadas e que as formas empregadas polo padroado non foron as correctas.”

                                                               

Dende as filas socialistas laméntase que tiveran que pasar ata tres mercados para que a administración mostrara interese por este tema e actuara reuníndose coas cooperativas. Isto era unha das cousas que tiña que ter feito antes de “impoñer estas taxas de forma unilateral.”

Seguen botando en falla que o Conselleiro non dera a cara diante dos gandeiros ou os sindicatos, xa que onte na reunión non estivo presente. “Parece que este partido é de segunda división e non quere participar nel”

Pero o que máis lamentan os socialistas silledenses é que tendo unha patrona na fundación representante no Concello de Silleda, “á que o outro día se lle deron instruccións moi claras no pleno de que traballara en prol dos gandeiros”, nin sequera estivese presente na mesas de negociación.

A presenza do alcalde de Lalín, Xosé Crespo en dita mesa, deixa a alcaldesa nunha situación pola que debería dar públicas explicacións, xa que no pasado pleno “dixo estar traballando no tema...pero non fixo ningunha outra puntualización”. Consideramos que aínda que “non puidera, quixera, ou soubera estar nesa mesa, a súa sola presenza era, polo menos, garantía de interese”

O PSEdeG-PSOE sente que a Sra. Alcaldesa non estivera na mesa, aínda que ela seguramente estea ben tranquila xa que “estaba representada, como sempre, por alguén: no Concello represéntaa Roucho, no pleno dirixea Javier Cuiña, e na mesa de negociación o alcalde de Lalín.”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera