11 de decembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 FEBREIRO / PAULA FERNÁNDEZ VISITOU A PARROQUIA DE V

2011 FEBREIRO

PAULA FERNÁNDEZ VISITOU A PARROQUIA DE VILAR.

Reunión cos veciños de Vilar.

 

16/02/2011

 

15 de Febreiro de 2011.- Dentro das visitas ás parroquias programadas pola candidata socialista, onte foi a quenda de Vilar. Os veciños e veciñas asistentes, trasladáronlle a candidata queixas sobre a xestión diaria do concello e debateron sobre a situación económica de Silleda, a sanidade ou a lei de augas.

As queixas centráronse maioritariamente na recollida de lixo, xa que se incumpre coa recollida semanal contractual e non se fan limpezas periódicas dos contenedores o que lle produce olores e incomodidades aos veciños. Manuel Cuíña e Dolores García debateron tamén cos veciños sobra as posibilidades para mellorar o servizo de recollida.

Non faltaron vellas demandas da parroquia como a mellora da praia fluvial.

Mañá, mércores a candidata desprazarase a Taboada, para manter unha nova xuntanza, que se celebrará as 9 e media da noite. O venres visitará Cira.

Noutro orden de cousas está mañá comezou o reparto dos cuestionarios na localidade de Bandeira e a parroquia de Manduas, para recoller as ideas dos cidadáns. A partir de mañá repartirase en Silleda e a súa parroquia.


 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera