16 de enero de 2011.- Onte á noite a candidata socialista acompañada de Manuel Cuíña e Dolores García reuniuse cos veciños de Taboada que lle transmitiron moitas ideas para o programa electoral.
Logo de escoitar o traballo feito polo grupo municipal socialista os veciños e veciñas trasladáronlle varias consultas sobre a recollida do lixo ou as obras feitas por Fomento na N-525.
Tamén trasladáronlle a necesidade de ampliación do cemiterio da parroquia e pedíronlle a candidata que traballase diante do Ministerio de Fomento para a consecución dunha pasarela peonil fronte a igrexa de Taboada.
Os veciños mostraron un grande rexeitamento a lei das augas impulsadas pola Xunta de Galicia.
O venres ás 8 e media terán un encontro cos veciños de Cira para seguir en contacto de cara a elaborar o programa electoral.