18 de febreiro de 2011.- A candidata desprazouse onte pola noite a Cira para manter unha xuntanza con preto de cincuenta veciños e veciñas que voltaron a mostrar o seu malestar coa lei das augas e a aportar ideas para o programa electoral.
A xuntanza que prolongouse durante mais de dúas horas, rematou cunha intensa quenda de preguntas sobre a acción municipal e a situación económica municipal.
Entre as propostas feitas polos veciños, destaca tamén como sempre a petición de mellora viaria. Manuel Cuíña explicou a inversión feita das pistas municipais durante o período socialista.
As xuntanzas continúan a semana que ven en Dornelas, o luns, o mércores en Negreiros e o venres a Margaride, sempre ás 9 e media da noite.
A candidata destaca a boa acollida que están a ter estas xuntanzas nas que a participación está resultando moi positiva.