21 de febreiro de 2011.- Paula Fernández acompañada de Loli García y Manuel Cuíña reuniuse onte cos veciños de Dornelas para recoller as súas demandas.
Os veciños mostraron o seu malestar polo estado das pistas que aínda non foron reparadas polas obras do AVE e consultaron que medidas deberían esixir para a súa reposición o non ter recibido por parte do concello resposta ningunha ás súas demandas.
Os concelleiros explicáronlle que este tramo do AVE (Dornelas-Carboeiro) é o único que foi xestionado durante o seu goberno e o único tamén sobre o que se estableceu un aval bancario coa empresa construtora previo ó inicio das obras, que obriga á contrata a deixar en perfecto estado as pistas que foron usadas para a construción da liña de tren de alta velocidade, se queren recuperalo " este é o único tramo en que está garantido ó 100% que se reparen os danos, grazas a previsión do goberno de Paula Fernández".
Os veciños interesáronse tamén pola débeda real do Concello e preguntáronnos sobre os máis de 100 millóns de pesetas de impagos xerados no 2010 polo actual goberno.