24 de Febreiro de 2011.- A candidata á alcaldía visitou onte pola noite aos veciños de Negreiros, nunha xuntanza que se prolongou mais de dúas horas e na que a participación veciñal voltou a ser clave.
Entre as peticións feitas polos cidadáns para ser incluídas no programa electoral destaca a mellora do centro social así como que se estudie a mellora do campo da festa, con análises estructural do palco existente e montaxe de redes para xogo deportivo.
Na quenda de preguntas os veciños trasladáronlle a súa preocupación polo acabado das obras do PEIM 2009, feitas fai unhas semanas na parroquia a cargo de esa obra, queixándose que o acabado non é o esperado.
Tamén preguntaron sobre o porque non se iniciaron as obras deseñadas no plan anticrese da deputación no ano 2009 na parroquia, e lamentaron que se atrasen sistematicamente as obras por cuestións políticas mentres os veciños sofren o mal estado das pistas.
Outro dos temas polos que se interesaron foi polo PXOM e o seu proceso, e sobre como queda a parroquia no documento presentado a Xunta de Galicia. Os veciños estaban moi preocupados polo atraso que ten o documento e o incumprimento dos prazos dados polo goberno.
Debateuse tamén con intensidade sobre a lei das augas e a problemática dos centros de saúde. Manuel Cuíña e Dolores García participaron tamén nesta xuntanza.
O venres pola noite ás nove e media visitarán a parroquia de Margaride.