19 de novembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ACTUALIDADE / MUNICIPAIS 2011 / PROPON AS TUAS IDEAS PARA O PROGRAMA ELE

MUNICIPAIS 2011

PROPON AS TUAS IDEAS PARA O PROGRAMA ELECTORAL. CUBRE A ENQUISA.

Entra aqui e cubre a túa enquisa.

 

25/02/2011

 

Seguindo a liña de traballo emprendida fai uns días para obter as ideas dos veciños e das veciñas para a elaboración do programa electoral, remitimosvos este cuestionario para os cascos urbanos de Silleda e de Bandeira, así como os lugares das parroquias de Manduas e Silleda onde se vos vai a preguntar aos cidadán por diferentes medidas para poder incorporar as vosas suxerencias ao programa electoral.

 

Para Paula Fernández “A redacción do programa electoral é un paso fundamental para ter a mellor folla de ruta de cara a gobernar o noso Concello nos próximos catro anos. Temos claro que queremos un documento realista e no que a opinión cidadá sexa clave na súa elaboración”, por iso pídelles aos veciños que cubran o cuestionario e o entreguen na sede ou ben que o descarguen e o remitan vía mail.

 

No cuestionario abórdanse cuestións urbanísticas e se lle pide aos cidadáns que digan que rúas creen que precisan dun arranxo. Tamén se pregunta sobre que servicios sociais poñerían en marcha ou que medidas dinamizadoras de emprego crearían.

 

Pregúntase tamén que actividades porían en marcha para mozos, nenos ou maiores e que actividades culturais impulsarían.

 

En materia de deporte preguntase como creen que debe mellorarse a oferta actual. Tamén se deixa un espacio para que incorporen outras ideas que poidan ser interesantes para os cascos e as parroquias

 

Neste arquivo atoparás a túa enquisa.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera