25 de febreiro de 2011.- Os veciños e veciñas de Margaride reuníronse con Paula Fernández e Manuel
Cuíña nunha xuntanza celebrada onte na que se concluíu a necesidade de arranxar o centro social no
que é necesario crear servicios hixiénicos e cociña.
Os asistentes apostaron por esta posibilidade para poder mellorar a participación veciñal con cursiños e
celebracións parroquiais.
Tamén se queixaron do estado dalgunha vía da parroquia así como de que falta alomenos nunha dela a
apertura de cunetas que impida o seu deterioro. Os veciños reclamaron que esta última vía non sexa
bacheada senón arranxada na súa totalidade.
Outra das consideracións que puxeron enriba da mesa foi o arranxo das escaleiras do atrio da igrexa, xa
que o seu mal estado de conservación pode chegar a provocar accidentes fortuítos.
A candidata explicoulles as obras feitas dende o goberno e Manuel Cuíña, centrouse nas obras feitas na
propia parroquia na que se arranxaron pistas a cargo do Plan E.
Entre as preguntas cabe destacar as feitas sobre a lei das Augas, o Obradoiro de Emprego ou como sempre
sobre a economía municipal, o que demostra a grande preocupación da cidadanía sobre este tema tan delicado.