5 de Marzo de 2011.- Este vindeiro sábado dia 12 ás nove da noite faremos a presentación da candidatura socialista á alcaldía de Silleda. Será un acto para toda a cidadanía no que presentaremos unha lista gañadora na que tódalas parroquias terán representación. O lugar escollido é o Auditorio da Semana Verde, e alí faremos esta Festa da Democracia rodeados de tódolos veciños. Non pode faltar ninguén!!.