21 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 MARZO / PAULA FERNÁNDEZ VISITOU O LUNS RELLAS E

2011 MARZO

PAULA FERNÁNDEZ VISITOU O LUNS RELLAS E ONTE CHAPA.

Os veciños tanto de Chapa como de Rellas mostraron un grande interese pola situación económica de Silleda.

 

08/03/2011

 

03 de marzo de 2011.- A candidata socialista acompañada de Manuel Cuíña e Dolores García visitaron Rellas o luns pasado. En esta reunión os veciños mostraron tamén o seu malestar pola lei de augas ó tempo que denuncian o estado de conservación da rede municipal. Pediron tamén que limparan as cunetas. Mostraron un grande interese pola situación económica de Silleda. A candidata recordoulles as obras feitas nas parroquias.

En Chapa, as queixas repetíronse, e debateron sobre as obras do escalextric pedindo que se voltará a reclamar o paso elevado no Ministerio de Fomento, que fora a única alegación non respostada positivamente.

A candidata comprometeuse a anchear o acceso á igrexa dende a N-525 e recordoulles que a redacción dos proxectos das sendas entre Chapa e Bandeira, Bandeira e Lamela e Silleda e Taboada xa están licitados, e que as voltarán a incluír no programa electoral.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera