18 de setembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / AVANZA TRASDEZA / AVANZA TRASDEZA ORGANIZA O SEGUNDO ENCO

AVANZA TRASDEZA ORGANIZA O SEGUNDO ENCONTRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

CELEBRÁRASE UN ENCONTRO-CEA O 26 DE MARZO PARA O QUE SE CONVIDA A TÓDOLOS CIDADÁNS SILLEDENSES.

 

09/03/2011

 

8 de marzo  de 2011.- Hoxe, non esquecemos e gardamos na nosa memoria colectiva, a todas aquelas con ou sen nome que loitaron e clamaron pola abolición das desigualdades que enraízan no xénero, por iso   AVANZA TRASDEZA quere celebrar, unha vez máis,  o Día Internacional da Muller Traballadora.
Para elo AVANZA TRASDEZA organiza ó II ENCONTRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA o próximo 26 de marzo. O acto consistirá nunha cea aberta a todas e todos os que nela queiran participar.
Neste encontro, AVANZA TRASDEZA quere homenaxear as voces de todas as mulleres  que loitaron ao longo da historia e desde todos os recunchos do mundo, pero sobretodo as nosas veciñas, que na súa vida diaria continúan avanzando cara á dignificación da muller . Este ano repartiranse premios en  homenaxe a toda unha vida de traballo e a moza emprendedora.
A directiva de AVANZA TRASDEZA será a encargada de elixir ás gañadoras abrindo a toda a cidadanía a posibilidade de que fagan a súa proposta de candidaturas a través do correo electrónico avanzatrasdeza@hotmail.com, como máximo ata o venres 18 de marzo.
Pedimos que as candidaturas deben vir argumentadas cun pequeno curriculum e unha breve historia persoal.
A cea terá lugar no Restaurante Katiuska, ás 22:00 horas. A inscrición poderase facer ata o 24 de marzo no telefono 986580436 ou na sede da asociación na Rúa República Arxentina. O prezo é de 25 euros.

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera