15 de marzo de 2011.- Onte a noite, a candidata socialista á Alcaldía acompañada por Antonio Sanmartín, e outros membros da candidatura recen presentada o sábado, reuníronse cos veciños de Ponte cos que avaliaron a problemática da Parroquia.
Os veciños reclamaron melloras no marcado da PO-205 e a candidata recordoulles, que no mes de outubro de 2009, foran remitidos a carreteras da Xunta todas as melloras esixidas e consensuadas cos veciños, e que a vista da falla de interese tanto do Goberno local actual como do Delegado Territorial se presentaron ata dúas mocións respecto a esta problemática que foron rexeitadas polo equipo de Ofelia Rey.
O problema co marcado de esta vía dificulta o acceso a moitas fincas e impide que se poda cambiar de sentido practicamente ata chegar ao concello veciño de Vila de cruces. Dende o goberno socialista se pedira a creación, de acordo cos veciños, dunha rotonda xusto antes da ponte do río que separa Silleda de Vila de Cruces.
Ademais disto, falouse da necesidade de dotar a Ponte de servizo de abastecemento e saneamento de auga. Os veciños mostraron malestar pola situación da sanidade no noso Concello.
Casanova abriu a Xuntanza poñéndose a disposición dos veciños para traballar pola parroquia. O mércores acompañará tamén a candidata na súa visita a Saidres ás 21:30 h.