18 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 MARZO / PAULA FERNANDEZ E ANTONIO SANMARTIN PRES

2011 MARZO

PAULA FERNANDEZ E ANTONIO SANMARTIN PRESENTANSE EN SAIDRES.

Falouse tamén da lei de augas.

 

17/03/2011

 

17 de marzo de 2.011.- Paula Fernández acompañada do candidato da zona de Saidres e Ponte, Antonio Casanova, así como de Manuel Cuiña, Dolores García, Klaus Brey e Antonio Couso, presentáronse onte ante unha treintena de veciños de Saidres aos que lle explicaron a composición da lista  e dos que recolleron iniciativas para incorporar ao programa electoral.
A candidata deulles a coñecer as mocións presentadas durante este último ano para conseguir que o goberno local incluíra no Plan E varias obras de abastecemento en todo o concello e en concreto nestas dúas parroquias. Mocións que, recordoulles,  foron rexeitadas polo goberno de Rey, a pesares de estar fundamentadas na obrigatoriedade de cumprimento da Directiva Marco Europea das Augas.
Falouse tamén da lei de augas concluíndo os veciños na falla de credibilidade que teñen os que afirman que as augas non se van a cobrar pero que non modifican a lei para deixalas exentas.
A candidata falou tamén cos veciños sobre o PXOM logo de que lle requiriran unha explicación sobre a súa tramitación.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera