05 de marzo de 2011.- A candidata socialista acompañada de Manuel Cuíña e Dolores García visitaron Xestoso, nunha reunión na que estaban presentes mais de medio centenar de veciños de toda a Parroquia. A candidata que foi recibida con carteis nos que se podía leer “ Paula, Por outros catro anos mais” falou cos veciños durante mais de dúas horas e logo en compaña de Manuel Cuiña e Loli Garcia compartiu con eles unha cena que lles tiñan preparada.
Ademais de reclamar melloras na rede viaria, os veciños pedíronlle a Paula Fernández que rematara varios traballos que quedara pendentes dende a Moción de Censura, como a preparación do campo da Festa ou o ensanche da Pista que cruza o lugar de Xestoso xusto na Escola.
Cabe recordar que este lugar non pode ser atravesado polos vehículos debido a este punto tan estreito, o que dira lugar a compra da casa reitoral para convertela en centro social para así poder demoler unha parte da antiga escola, un edificio sen valor arquitectónico que provoca o estreitamento na vía.
A candidata agradeceulles os xestos de cariño e recordou con eles o día no que tanto ela como Manuel Cuiña foron designados Fillos Adoptivos de Xestoso.