19 de novembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ACTUALIDADE / MUNICIPAIS 2011 / GRACIAS POLO SABADO 12

MUNICIPAIS 2011

GRACIAS POLO SABADO 12

As persoas que formamos a candidatura socialista por Silleda, queremos agrecedervos o apoio que nós demostrastes o sábado 12.

 

17/03/2011

 

O sábado 12, acompañados por máis dun milleiro de Silledenses, presentamos ante a opinión pública, unha candidatura feita por 8 homes e 8 mulleres, que representan a totalidade do noso territorio. Unha candidatura que marcará todas as esperanzas para Silleda e o seu futuro.Unha candidatura para gobernar.

 

Somos xente  capaz e con gañas de afrontar un dos retos mais difíciles, que é gobernar o pobo que sentes e que queres. O noso pobo. A elección dos candidatos baseouse en dous principios que a fan única.

 

O primeiro, a elección social. Cada candidato foi elixido  polo propio territorio. Axudados polos  militantes e simpatizantes fomos escollendo aos mellores de cada zona. Ningún candidato foi imposto

 

O segundo,  a territorialidade. Unha candidatura cun equilibrio territorial satisfeito. 33 parroquias, 15 mesas electorais, e tan so trece concelleiros. Semella a cuadratura do circulo, pero o fixemos.

 

Paula Fernández asume como non podía ser de outra forma a súa area natal, Silleda e Siador e a súa parroquia, Cortegada. Manuel Cuiña, asume  Bandeira, Chapa e Moalde, a súa zona de vida.

 

O resto dos compañeiros asumen as súas parroquias así como as adscritas as mesas electorais correspondentes, e así ata 33.

 

Esta é unha aposta na que se primou a lealdade coa candidata e cos Silledenses, situando en primeira liña a Loli García, por Laro, Refoxos, Parada e Oleiros.

 

Unha aposta gañadora, na que se demostra coa incorporación  do Secretario Xeral das Xuventudes, Klaus Brey, por Cira e Dornelas, que confiamos na capacidade da nosa mocidade.

 

Una aposta pola cultura coa incorporación de Marga Campos, por Lamela, Piñeiro e Cervaña, unha muller segura, decidida e de fortes compromisos.

 

Un xesto aos nosos gandeiros con alguén disposto a ofrecer os seus coñecementos nesta materia con Antonio Couso, por Grava, Fiestras e Xestoso

 

Unha candidatura  que representa a fortaleza do social, cunha muller que leva anos defendendo aos seu veciños e que agora o vai a  facer con toda Silleda, Encarna Mejuto, por Abades e Pazos

 

Unha lista que implica solidariedade, cunha muller que leva anos traballando por mellorar Silleda con accións de voluntariado, Pili Peón, por Taboada e Vilar

 

Un equipo que  sinte o compromiso coa nosa forma de vida, representado en Manuel Iglesias, Casagrande,  por Escuadro, un home que leva toda a súa vida defendendo os intereses do campo

 

As relacións sociais veñen da man dunha muller que axudou a  dinamizar a súa parroquia converténdoa nun exemplo a seguir, Ana Guzmán, por Breixa, Ansemil, Martixe e Carboeiro

 

A defensa do Medioambiente, ten en Luis Rodriguez o seu expoñente mais claro, un home que traballará por Negreiros  e  O Castro

 

Ana Luisa Costa, ven a aportar os seus coñecementos e experiencia de  emprendedora, por Rellas e Margaride

 

E por ultimo, temos a quen vai a aportar  veterania, cercanía e compromiso, Antonio Sanmartín, Casanova, dende Ponte e Saidres

 

Nos suplentes están representadas tres factores fundamentais, con Daniel Taboada, aportamos xuventude e formación, con Antonio Fernández, Pazo, veteranía e saber estar, e con Maica Caramés, compromiso social.

 

Este é unha lista preparada para dar a batalla, preparada para defender a dignidade de Silleda por riba de siglas políticas. Unha lista de Silledenses dispostos a dalo todo, e que representan a ilusión, as gañas e o traballo

 

Soamente nos queda darvos as gracias a todos. Gracias os que estivechedes o sábado, gracias os que, por un motivo ou outro, foivos imposible asistir. Por que deste acto sacamos a conclusión de que temos que seguir traballando duro, pero que a partir de agora farémolo con mais seguridade, porque cada día temos mais claro que estades aí, respaldándonos.

 

 

Firmado: Candidatura Socialista de Silleda

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera