Home / AVANZA TRASDEZA / AVANZA TRASDEZA PREMIA A DÚAS MULLERES
AVANZA TRASDEZA PREMIA A DÚAS MULLERES NO II ENCONTRO DA MULLER TRABALLADORA.
CELEBRÁRASE UNHA CEA HOMENAXE O 26 DE MARZO PARA O QUE SE CONVIDA A TODOS OS CIDADÁNS SILLEDENSES
21/03/2011
19 de marzo de 2011.- AVANZA TRASDEZA celebrará o Día Internacional da Muller Traballadora coa organización do II ENCONTRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA o próximo 26 de marzo. O acto consistirá nunha cea aberta a todas e todos os que nela queiran participar. Neste encontro, AVANZA TRASDEZA quere homenaxear as voces de todas as mulleres que loitaron ao longo da historia e desde todos os recunchos do mundo, pero sobretodo as nosas veciñas, que na súa vida diaria continúan avanzando cara á dignificación da muller . Ademais fará unha mención especial a dúas mulleres silledenses por unha vida entregada o traballo e a súa familia. A elección das homenaxeadas fíxose a través dunha selección das propostas remitidas o longo da semana pasada polos asociados de Avanza e outras asociacións de Concello. O xurado, formado pola directiva da asociación decideu otorgar este ano dous premios: · Un premio homenaxe a toda unha vida de traballo a : Da. Elvira Cidre Villar, coñecida por todos como señora Elvira de Cidre, natural de Silleda onde reside dende hai 77 anos. Nai de 8 fillos, adicou a súa vida a traballar como asistente en domicilios e durante moitos anos traballou no servizo de limpeza do Cuartel da Guardia Civil e nunha entidade bancaria. Unha muller con unha vida chea de dificultades, sempre entregada a súa familia e querida polo seu esforzo continuado por todas as persoas que a coñecen. · Un premio á moza emprenderora a: O premio á moza emprendedora, que este ano recae en Mercedes Campos Novo, unha moza de 42 anos, nai de un fillo , veciña de Negreiros, e que se adica á gandería e avicultura . Mercedes que debido as súas circunstancias familiares obrigárona a asumir o traballo na explotación familiar e a sacar adiante a súa familia. Hoxe en día o esforzo que esta muller fixo sendo unha rapaza vese recompensado por o incremento tanto da súa explotación gandeira, como da explotación avícola. Otórgaselle o premio polo esforzo feito en poucos anos e a súa superación persoal que a convirte nun referente como muller emprendedora. A entrega dos premios farase durante a cea que con motivo do II ENCONTRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA vaise celebrar o vindeiro sábado 26 de marzo, no Hotel Katiuska, ás 22:00 horas. Todos aqueles interesados en acompañar a AVANZA TRASDEZA e as premiadas poden facer a reserva de entradas antes das 14:00 h do Xoves día 24 no teléfono 986580436 ou recollelas directamente na sede de Avanza Trasdeza na rúa República Argentina, 18. O custe é de 25 €.
|

|
|