22 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ACTUALIDADE / MUNICIPAIS 2011 / ENCARNA MEJUTO, CANDIDATA NUMERO 7 DA LI

MUNICIPAIS 2011

ENCARNA MEJUTO, CANDIDATA NUMERO 7 DA LISTA SOCIALISTA, PRESENTASE EN ABADES.

Paula Fernández en Abades acompañada de Encarna Mejuto, Manuel Cuíña, Loli García e outros membros da candidatura.

 

21/03/2011

 

18 de marzo de 2011.-  Paula Fernández, candidata á alcaldia de Silleda, achegouse onte a noite acompañada de Encarna Mejuto, e outros membros da candidatura á Parroquia de Abades para falar cos veciños e recoller as súas propostas de cara a elaboración do programa electoral.
Mejuto, que concorre ás eleccións municipais como número 7 da lista socialista representando as parroquias de Abades e Pazos, púxose a disposición  dos veciños para seguir traballando por eles nos próximos catro anos.
Os veciños mostraronse moi criticos coa actitude do actual goberno local na defensa da rede viaria por mor das obras do AVE e recordaron que seguen a ter problemas de cobertura coa TDT ou que a rede de internet impulsada pola Diputación de pontevedra non funciona.
Paula Fernández mostroulles as peticións feitas ao goberno de Rey sobre as pistas de Abades dende o grupo municipal socialista, a través de preguntas no pleno, así como outras peticións feitas para mellorar a parroquia como o caso do TDT ou da recollida de enseres, e como todas elas caeron en saco roto, nunha evidente falla de compromiso coa parroquia.
Debateuse sobre a lei das Augas e incluso sobre o catálogo de medicamentos, dúas problemáticas coas que os veciños mostraron o seu total rexeitamento, “ninguen entende porque se aproba unha lei e logo din que non a van a cumprir. Os veciños exixen a súa modificación”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera