21 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 MARZO / A RECOLLIDA DE PROPOSTAS DA CIDADANÍA IM

2011 MARZO

A RECOLLIDA DE PROPOSTAS DA CIDADANÍA IMPULSADA DENDE A CANDIDATURA DA PAULA FERNÁNDEZ XA REXISTRA 100 PETICIÓNS.

A agrupación socialista conta ca aportación de ideas e propostas dos veciños para a elaboración do programa electoral.

 

21/03/2011

 

18 de marzo de 2011.- O comité electoral socialista puxo fai un mes en marcha unha iniciativa pioneira na comarca para recoller a través de enquisas dirixidas a cidadanía para que aportaran as súas ideas e propostas de cara a elaboración do programa electoral.

O éxito de esta iniciativa demostrouse coa recollida, a través da páxina web ou entregadas en man na sede do PSdeG, de  100 peticións con ideas ou propostas , “é un feito histórico que os Silledenses participen dun xeito tan activo na elaboración dun programa político, é unha magnífica nova para todos e todas”.

Aínda que moitas de elas  foron presentadas de xeito anónimo, un alto porcentaxe ían acompañadas do nome dos e das redactores que se poñían a disposición da candidatura para calquera aclaración, o que demostra “o alto grado de responsabilidade dos cidadáns que queren traballar polo seu pobo”.

Ademais de peticións dos cascos urbanos recibimos propostas de parroquias que aínda non foran visitadas, caso de Abades, Lamela  e Siador. Nas referidas aos cascos urbanos,  porcentualmente o 40 % corresponde ao casco urbano de Bandeira e Manduas, e o 60% restante ao de Silleda e parroquias.

Entre as propostas que chegan á sede repítese sistematicamente a petición de humanización das rúas, a mellora na limpeza urbana e a necesidade de mellores servizos para os maiores, así como a mellora da rede viaria municipal.

Ademais destas peticións, os membros da candidatura continúan percorrendo  todo o concello, estando neste momento xa visitadas 15 parroquias, recollendose  propostas de cada zona. Esta rolda rematará en Escuadro o 8 de Abril. Na semana que ven visitarase Luns, Carboeiro e Pazos, mércores, Fiestras e Venres, Cervaña.

O éxito alcanzado coa alta participación nesta proposta de que sexan os cidadáns os que aporten as ideas “fará que teñamos un programa feito polos silledenses”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera