Home / ESTOXO / 2011 MARZO / MANUEL CUIÑA PIDE EXPLICACIONS PUBLICAS.
MANUEL CUIÑA PIDE EXPLICACIONS PUBLICAS.
Manuel Cuiña piede explicacións públicas ao candidato Pin sobre a posible oferta de contratación de Javier Presas como encargado de obras e a súa presencia nos actos preelectorais.
30/03/2011
28 de marzo de 2011.- Manuel Cuiña, Secretario de Organización dos socialistas Silledenses esixe unha explicación por parte do candidato popular, sobre a asistencia do edil tránsfuga, Javier Presas, aos seus actos preelectorales fora da parroquia de Laro e que dun xeito “público, claro e contundente” explique se esta presencia pode ter relación coa información aparecida nun medio de comunicación en referencia a que “se lle ofrecera un posto de encargado de Obras o non incorporalo na lista” por ser substituído por outro veciño da localidade de Laro.
Para Manuel Cuiña queda demostrada a conivencia “entre Pin e os asinantes da moción de censura, cando Javier Presas, o acompaña nos actos pre-electorales”, pero parécelle de suma gravidade “que un candidato ande a ofrecer postos de traballo a cambio de silencio, apoio ou para evitarse problemas”. Di tamén que “os silledenses xa estamos fartos de que se comercie co noso concello para satisfacer intereses persoais” e recorda que “foi o que fixeron nos últimos anos de goberno popular e polo que se ve parece que vai ser a tónica dominante do novo candidato”.
|

|
|