31 de marzo de 2010.- De cara á elaboración do programa electoral a candidata silledense, xunto cos seus compañeiros de lista, iniciará este sábado unha rolda de contactos cos colectivos sociais, culturais e deportivos do Concello de Silleda.
Nesta mesma semana reuniranse xa cos colectivos AVEMA, Vista Alegre de Bandeira así como coas ANPAs dos Colexios Públicos de Silleda e Bandeira. A candidata presentaralle aos colectivos un borrador do que será o programa electoral que está sendo redactado coas aportacións veciñais, en materia cultural e educativas, para recoller as súas propostas.
Ao tempo, a candidatura socialista segue a recoller propostas dos veciños nas reunións que veñen mantendo dende fai un mes e medio. Estes últimos días visitaron as parroquias de Carboeiro, Fiestras, Pazos e o Castro, e en concreto onte visitaron Martixe e Ansemil, coa súa Candidata de Zona Ana Guzmán, reunión da que se adxunta fotografías.
Nestas xuntanzas ademais de recoller propostas estase a resolver dúbidas sobre a xestión municipal, a lei das augas e a sanidade, e poñendo en valor o labor feito polo grupo municipal socialista.
As seguintes visitas programadas serán Breixa, esta mesma noite, e o Venres día 1 en Lamela, onde se presentará a candidata da zona Margarita Campos Espiño.