19 de novembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 ABRIL / A CANDIDATURA SOCIALISTA REMATA O PERCOR

2011 ABRIL

A CANDIDATURA SOCIALISTA REMATA O PERCORRIDO POLAS PARROQUIAS.

O EXITOSO PECHE DE ESTA CAMPAÑA ABARROTOU A SALA DA ACTOS DA CASA ESCOLA DE ESCUADRO.

 

11/04/2011

 

8 de abril de 2010.- A candidata Paula Fernández non dubida en cualificar o peche de contactos polas parroquias como de “recoñecemento do éxito que teñen as políticas de cercanía” xa que a sala de actos da casa Escola de Escuadro quedouse pequena para acoller aos numerosos veciños e veciñas que viñeron a coñecer aos candidatos socialistas que concorrerán as próximas eleccións.

Acompañada pola maioría da lista electoral, abriu o acto facendo as presentacións de cada candidato e agradecéndolle aos veciños a súa participación, e xa, cedeulle a palabra a Manuel Iglesias Casagrande, candidato por Escuadro que nun encendido discurso defendeu o desenvolvemento socioeconómico que precisa Escuadro, e presentoulles aos veciños cales eran as propostas de futuro que poden situar a escuadro como parroquia cabeceira “temos un importante valor ecolóxico e natural, temos infraestruturas e potencia social, e temos que saber explotalo  para que teña repercusións socioeconómica entre os veciños“ dixo Casagrande.

A xuntaza transcorreu logo, con debate dos asistentes, e ao igual que no resto das parroquias falouse da situación económica de Silleda e do programa electoral socialista. Tamén debateuse sobre a desaparición do bosque de Cascaxide e a súa perda como elemento dinamizador da parroquia “por culpa da falla moral do PP por votar en contra da súa catalogación como Espacio Natural e agora da ineptitude dos tránsfugas que permitiron a súa tala” así como do proxecto presentado polo executivo socialista para a posta en valor das fervedas de Escuadro e sobre o que “ este goberno, amalgama de tránsfugas e populares, non fixeron nin unha soa consulta  perante o Ministerio de Medioambiente” dixo Paula Fernández.

Esta semana a candidatura recorreu Lamela, Cervaña e Piñeiro, parroquias nas que Margarita Campos levou o peso da xuntanza ao ser a candidata de  zona e asumiu “ o compromiso cos veciños de traballar polo desenvolvemento da miña zona e de todo o concello”.

Tamén acudiron a Breixa, acompañados por Ana Guzmán,  a Siador, e a Moalde onde Manuel Cuiña, presentouse como representante da zona e onde se falou da xestión iniciada polo goberno socialista para o cobro do ICIO do Parque de San Sebastián que a candidata puxo de “exemplo da defensa dos intereses dos silledenses que se facía no noso goberno, fronte a deixadez dos gobernos anteriores”.

Logo de este fin de campaña no que se recolleron propostas de todas as parroquias, están a prepararse reunións sectoriais cos colectivos. Educación, Deportes, Cultura, Economía e Comercio, Medio Ambiente, Muller, Política Social e Asociacionismo son os temas escollidos para convocar a distintas asociacións a encontros de traballo para acadar o maior grao posible de participación na elaboración do programa nestas eleccións.

Xa se mantiveron xuntanzas  cos colectivos veciñais da Bandeira, Vista Alegre e Avema, asi como coas ANPAS dos Colexios de Silleda e bandeira.

Estes  encontros "nos permitirán mellorar o noso programa coas aportacións dos veciños ó tempo que nos axudarán a planificar correctamente as necesidades de Silleda”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera