24 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 ABRIL / A CANDIDATURA SOCIALISTA REUNIUSE CO EMP

2011 ABRIL

A CANDIDATURA SOCIALISTA REUNIUSE CO EMPRESARIADO E O COMERCIO.

TRASLADARONLLE ALGUNHA DAS PROPOSTAS QUE FIGURARÁN NO SEU PROGRAMA ELECTORAL AO TEMPO QUE RECOLLEU NOVAS IDEAS. AS REUNIÓNS SECTORIAIS DE CULTURA, DEPORTE E EDUCACION AINDA CONTINÚAN.

 

21/04/2011

 

20 de Abril de 2011.- A candidata Paula Fernández e o seu equipo mantiveron unha xuntanza sectorial coas directivas das Asociacións de Empresarios e Comerciantes, aos que lles mostraron as liñas básicas do seu programa electoral en materia de Emprego, Industria e Comercio.

 

Os colectivos achegaron algunhas propostas para a inclusión no programa electoral socialista,  e coñeceron de primeira mas as propostas de emprego de Paula Fernández “A creación e reactivación do emprego debe ser un dos piares fundamentais das nosas políticas. Certo é que os concellos non teñen competencias, pero si poden e deben ter ideas, por iso, a creación de emprego será un dos principais obxectivos do noso  equipo.“

 

Entre as propostas presentadas destaca a creación dunha Concellería de Emprego, e a posta en marcha dun centro de formación que inclúa un viveiro de empresas, no que se implantará a Axencia de Desenvolvemento Local e o  Observatorio municipal de Emprego, e no que repetirase o Plan Experimental de Empreso, a formación FIP ou o Obradoiro de emprego “experiencias exitosas desenvolvidas durante o noso período de goberno e que garantiron formación para os desempregados e aumentaron as súas posibilidades de contratación”

 

Avanzáronlle propostas para axilizar as tramitacións urbanísticas  na implantación de negocios e empresas así como a novidade do compromiso de bonificación nos impostos para aquelas empresas ou comerciantes que contraten a traballadores desempregados do Concello,  “cuxo porcentaxe minorador dependerá do número de contratos de persoal Silledense que se faga, de xeito que se poida atraer novas empresas ao tempo que se promove o emprego entre os nosos veciños.”

 

Como novidade tamén se programarán plans de inserción laboral para mozos desempregados e sen título académico obrigatorio, así como  programas específicos para os emprendedores do rural dirixido a persoas entre 18 e 35 anos que busquen rexuvenecer o campo.

 

Ao memo tempo, Paula Fernandez cuestionou o novo deseño do parque empresarial area 33 feita no PXOM redeseñado por Ofelia Rey "que coarta calquera posibilidade de conexión da area industrial coa autoestrada AP-9", e sobre o que, a totalidade dos asistentes deulle a razón, "cambiaron o polígono sen razóns aparentes e este cambio dificultará o noso crecemento económico".

 

Ademais de esta Xuntanza, continuase coa celebración de sectoriais de cultura e Deportes e xa se mantiveron encontros con colectivos culturais de Bandeira como a Banda de Musica, Xirandola ou a Asociación da Festa da Tortilla, así como deportivos como a SD de Bandeira e Laro, o Clube de Petanca ou Dezarco.

 

Esperan rematar con estas xuntanzas na próxima semana e logo de recompilar todas as propostas tanto veciñais como sectoriais presentarán o seu programa electoral. 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera