21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA QU

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA QUE A ALCALDESA MINTE INTENCIONADAMENTE ÓS VECINOS DE BANDEIRA Ó DECIRLLE QUE O ANTERIOR GOBERNO NON FIXERA NINGUNHA XESTIÓN PARA A EXECUCIÓN DAS SENDAS DE MANDUAS

FAN PUBLICA A DOCUMENTACION RELATIVA ÁS XESTIÓNS EFECTUADAS PARA A EXECUCIÓN DAS SENDAS

 

30 de decembro de 2009.- Á vista do acontecido o Domingo pasado na asamblea da asociación de veciños de Manduas, na que se fixo público que a  alcadesa lles dixo “con rotundidade que o anterior goberno lles mentira e que non se fixera ningunha xestion”  en referencia á construcción das sendas de Manduas, o grupo municipal socialista quere deixar claro que a Alcaldesa minte, e para elo fan  pública a documentación relativa as xestións efectuadas polo anterior goberno para a consecución desta infraestructura tan necesaria para Manduas.

A documentación, vai dende a acta de replanteo previo, o certificado de libre disposición dos terreos ata a disposición orzamentaria asinada por Maria José Caride e a orden de contratación ditada pola delegada territorial Isabel Domínguez, “con estos documentos podemos demostrar que a que minte é a Sr Rey, as sendas tiñan consignación orzamentaria e estaban en fase de contratación” di Manuel Cuiña.

Por elo, dende o grupo municipal socialista exixese  unha rectificación pública da alcaldesa das mentiras verquidas en relación a estas obras. “pillase antes a un mentireiro que a un coxo, e se ten que decir algo máis sobre esto que o diga con papeis diante como facemos nos, e non con medias palabras por teléfono porque xa sabemos que ás reuniós non vai”

O grupo municipal socialista, pide  tamén que a Alcaldesa  se poña en contacto inmediato co Conselleiro de politica territorial para que lle de as explicacións oportunas de porqué non se contrataron estas obras no ano 2.009, se os cartos estaban xa consignados “xa que temos certas dúbidas de que estes cartos fosen a parar ó caixón dos olvidos, mentras se fraguaba a moción de censura, para que agora se podan aproveitar outros do noso traballo” di Manuel Cuiña .

O grupo municipal non descarta nin siquera que este proxecto fora eliminado como tantos outros proxectos do Bipartito sin que nin o Delegado territorial nin o Conselleiro o comunicaran no seu momento “Algo raro pasa con esto cando o conselleiro lle díxo á Alcaldesa que iban facer un estudio das sendas, cando este proxecto xa estaba en fase de contratación, quizáis agora queiran tapar que anularon un proxecto por cuestións partidistas e sacalo adiante como se nada pasara”

Cabe recordar que o goberno socialista mantivo unha xuntanza co Delegado Cores Tourís o 29 de Xuño de 2.009 na que se lle preguntou por estas sendas “e en ningún caso nos dixo que foran anuladas”

Ademáis o Grupo municipal lamenta que a Alcaldesa decida aplicar políticas de terra queimada con tódolos proxectos do anterior goberno , e politicas de mentira e medo cos grupos sociales do noso concello “xa que esta non é a primeria noticia que temos de que van as xuntanzas cos colectivos advertíndolles que deben ter en conta que agora son eles os que mandan, como unha amenaza encuberta”.

Mentiras reiteradas

Lamentablemente non é a primeira vez que minten  sobre as obras feitas polo goberno socialista, xa que no caso da rúa Agro do Balo, foi o propio concelleiro de obras, Javier Presas, o que pretendeu facerlle crer ós veciños na casa consistorial, que o goberno anterior lles mentira e que de sempre pensaban facer a rúa coas aceras por diante dos pechamentos, que non existía acordo con alomenos tres propietarios e que o podía  demostrar presentandolles un  proxecto modificado, que en teoria fixera o anterior goberno para non demoler os pechamentos que ainda quedaban levantados e construir as aceras por diante deles.

Nunha segunda xuntanza na propia rúa o concelleiro, ante as preguntas dos veciños e de parte da directiva da asociación Avema, acabou recoñecendo que mentira e que  foran eles os que modificaran  o proxecto, ante o asombro  de todos os asistentes xa que co cambio proposto “destrozabase unha das mellores vías da Bandeira”

Manuel cuiña, asegura que ·”xa van alomenos dúas mentiras en menos dun mes ós veciños de Bandeira,  parecenos de vergoña ter que soportar esta politica baseada na mentira  co único fin de tentar desacreditarnos”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera