19 de novembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ACTUALIDADE / MUNICIPAIS 2011 / Os socialistas silledenses abriron a cam

MUNICIPAIS 2011

Os socialistas silledenses abriron a campaña electoral en Cortegada

Uns 150 veciños de Cortegada e Oleiros ateigaban o Centro Cultural de Cortegada

 

08/05/2011

 

OS SOCIALISTAS SILLEDENSES ABRIRON A CAMPAÑA ELECTORAL  EN CORTEGADA.

7  de maio de 2011.- Ante preto de  150 veciños e veciñas de Oleiros e Cortegada, os Socialistas iniciaron onte a súa campaña electoral coa intervención de  Manuel Cuíña candidato nº 2 á Alcaldía, quen recordoulles aos veciños que a moción feita a espaldas dos cidadáns. “Non podemos olvidar que os instigadores foron Crespo e Louzán os mesmos que agora escolleron o candidato de Silleda. Non podemos deixar que os de fora de Silleda manden en nós.”  Seguidamente, Loli García, candidata nº 3 á Alcaldía, e que representa as parroquias de Laro, Parada, Refoxos e Oleiros, pideu o voto  para os que si queren traballar por Silleda.

Paula Fernández Pena candidata á Alcaldía, rematou o acto, deixando claro que “son as eleccións as que van a permitir deixar fora a cantos nos desgobernaron durante tantos anos” “O noso equipo pode facelo, sabe facelo e o máis importante, queremos facelo”.

PROGRAMA ELECTORAL. MELLORANDO A CALIDADE DE VIDA DO NOSO RURAL

Fixo un repaso ao seu programa que tamén foi entregado aos asistentes facendo fincapé nas propostas para o  rural, onde se propón  a Bonificación do ICIO para os proxectos de nova construción ou ampliación de explotación agrarias para favorecer a reactivación económica.

Tamén presentaron unha proposta para converter espacios da Semana Verde nun Centro de capacitación agraria de referencia “revitalizariamos as instalacións da semana verde, e Silleda podería consolidar a súa posición referente no ámbito gandeiro”.

Ademais presentou un proxecto de aproveitamento sostible sos xurros comunitarios para o seu aproveitamento sostible, contribuíndo as boas practicas  medioambientais  e incrementando  ao mesmo tempo a capacidade produtiva, e propuxeron ademais a promoción dunha cooperativa de servizos de substitución para as explotacións de leite e o apoio ás iniciativas para a creación de cooperativas para o cultivo e venda de produtos da horta.

A recuperación do noso patrimonio etnográfico, a creación de parladoiros en distintos lugares, a mellora na rede do TDT, o correcto funcionamento e cobertura da  rede provincial con tecnoloxia wimax de acceso a Internet e  a potenciación dos centros sociais son outras das medidas a adoptar en materia cultural

A candidata rematou o acto decindo que “O 22 de maio hai que encher as urnas de ilusión  polo cambio, hai que apostar polo futuro” di a Candidata.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera