7 de maio de 2011.- Logo do éxito acadado en Bandeira onde reuníronse mais de 500 persoas a pesar das inclemencias do tempo, e da apertura de campaña diante de 150 veciños e veciñas de Oleiros e Cortegada, a candidatura de Paula Fernández estiveron esta mañá en Xestoso, explicándolle aos mais de 50 veciños as súas propostas para os próximos catro anos.
Paula Fernández Pena candidata á Alcaldía, presentoulles aos cidadáns en cada acto o programa electoral “son 31 páxinas que recollen o futuro de Silleda, as propostas dos cidadáns, o resultado do traballo dos últimos catro anos”
MELLORANDO A CALIDADE DE VIDA DO NOSO RURAL
Esta mañá, fixo un repaso do documento, que foi entregado aos asistentes, facendo fincapé nas propostas para o rural, onde se propón a Bonificación do ICIO para os proxectos de nova construción ou ampliación de explotación agrarias para favorecer a reactivación económica.
Tamén presentaron unha proposta para converter espazos da Semana Verde nun Centro de capacitación agraria de referencia “revitalizariamos as instalacións da semana verde, e Silleda podería consolidar a súa posición referente no ámbito gandeiro”.
Ademais presentou un proxecto de aproveitamento sostible sos xurros comunitarios para o seu aproveitamento sostible, contribuíndo as boas practicas medioambientais e incrementando ao mesmo tempo a capacidade produtiva, e propuxeron ademais a promoción dunha cooperativa de servizos de substitución para as explotacións de leite e o apoio ás iniciativas para a creación de cooperativas para o cultivo e venda de produtos da horta.
A recuperación do noso patrimonio etnográfico, a creación de parladoiros en distintos lugares, a mellora na rede do TDT, o correcto funcionamento e cobertura da rede provincial con tecnoloxía wimax de acceso a Internet e a potenciación dos centros sociais son outras das medidas a adoptar en materia cultural
A candidata rematou o acto dicindo que “O 22 de maio hai que encher as urnas de ilusión polo cambio, hai que apostar polo futuro” di a Candidata.