11 de decembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 MAIO / Entrevista á nosa candidata de

2011 MAIO

Entrevista á nosa candidata de

«A xente apoianos porque sabe que o fixemos ben»

 

15/05/2011

 

«A xente apoianos porque sabe que o fixemos ben»

Asegura que "a moción ten que estar moi presente cando o cidadán vote"

 

Paula Fernández Pena, 40 anos, busca reconquistar a alcaldía de Silleda lograda no 2007 despois de rachar a hexemonía do PP e logo perdida tras a moción.

 

-Fai catro anos, nestas datas dicía que lle sorprendara agradablemente a política. Despois de pasar por goberno e oposición, ¿pensa o mesmo?

-Si. O traballo nos dous anos de goberno foi tan sumamente gratificante pola capacidade de traballar polos demais que calquera cuestión política me compensou con iso. Logo, na oposición, sigue sendo gratificante porque traballas para os veciños, pero puxéronmo moi difícil pola falta de información, o que me impedía facer o meu traballo. Prefiría ser alcaldesa como unha xestora deste concello que como unha política.

 

-Manteñen vivo o espíritu da moción, coa que o PP xa marcou distancias...

-O PP foi instigador da moción de censura e a xente ten que recordar que o que fixeron e tratar de recuperar nas urnas o que lle foi roubado. Iso non poden esquecer que foi algo en contra dos cidadáns, hai que recordar a manifestación con máis de 4.000 personas na rúa. Estas eleccións non só é elexir o alcalde senón recuperar a dignidade política. Entón temos que recordar esa moción, porque aínda que o PP queira vender unha renovación, un candidato novo, os que o acompañan son os mesmos de sempre. Xente que acompaña ao candidato foron con Salgueiro ou con Roucho e endebedaron a este concello. A moción ten que estar moi presente cando o cidadán vote.

 

-No seu programa inclúen PXOM, centro de día, débeda... ¿é acabar o empezado ou volver a empezar? ¿Que outros proxectos teñen?

-É rematar o empezado. O PXOM estaba moi avanzado, sei que se fixeron cambios -algúns moi negativos, nós deixabamos saída a Área 33 para a AP-53-, no centro de día xa había cesión de terreos ó Consorcio. O PXOM é moi importante polo chan industrial, e despois plantexamos bonificacións fiscais por xerar emprego e no rural. Continuaremos coa fundación cultural e recuperaremos proxectos q, como a ruta de Ferveda, o centro empresarial de Área 33 ou obras do Ministerio - como sendas ou o acceso a AP-53 en Lamela- ou ampliar a Casa da Música.

 

-¿Teme que a polarización xenerada a raíz da moción os leve a perder voto independente que captaran no 2007?

-Penso que o resultado será favorable porque se percibe e sinte entre a xente. Pode haber cambios, pero entre os independentes segue habendo moita xente que nos apoia, non xa por ideoloxía política, senón porque saben que o fixemos ben. Son as eleccións dos cidadáns, e non dos partidos políticos. Vótase a quen vai xestionar os concellos.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera