8 de Xaneiro de 2.010 .- O concellerio do PSdeG-PSOE de Silleda, Manuel Cuiña ven a denunciar o mal estado no que se atopa o vial que conecta a parroquia de Escuadro coa N-640 nas proximidades do lugar de Rivas (Escuadro). Este vial que é propiedade da da Deputación de Pontevedra, leva varios días cheo de terra por mor das choivas, o que dificulta a circulación e crea situacións de perigo para os usuarios.
Varios destes usuarios recurriron ó ex-concelleiro de Obras, Manuel Cuiña, para denunciar o “lamentable estado” no que se atopa a pista da Deputación: “Foron varios os veciños que me advertíron que é perigoso circular pola pista, e que varios vehículos esvararon a causa do barro provocando máis dun susto” dixo, Manuel Cuiña.
Manuel Cuiña solicita, a través dun escrito dirixido a Rey Recimil, a urxente reparación da pista por parte do equipo desprazado da Deputación ó noso Concello. “Semella incrible que no amplo despregue de maquinaria feito pola Deputación se esqueceran de manter os seus propios viais”.
Lamenta ademais “que se esquezan da seguridade dos silledenses por facer outro tipo de traballos nos camiños de acceso ás vivendas da familia da alcaldesa e dalgún outro concelleiro”.