21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE O GOBERN

2010

O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE O GOBERNO INTENTA OCULTAR SENTENCIAS URBANISTICAS

SOSPEITAN QUE EXISTEN ALOMENOS DUAS SENTENZAS EN RELACION O PROCESO DE NOVA CARBALLEIRA QUE O GOBERNO NON QUERE FACER PUBLICAS

 

08/01/2010

 

8 de Xaneiro de 2010.- Dende o ultimo pleno de data 6  novembro o goberno está intentado evitar a entrega de novas sentencias recaídas nos procedementos relacionados coa promotora Nova Carballeira a oposición

Xa foi solicitado no último pleno, a través dunha pregunta que quedou sen contestar,  que o goberno aclarase, a vista de que Rey, se reunira cos representantes de Nova Carballera ,  si existían sentencias en torno os procedementos todavía abertos, entre a promotora e o concello. A pregunta plenaria se lle unen ata duas peticións máis no mes de decembro para acceder a documentación dos procedementos e poder comprobar así a “existencia de novas sentenzas”.

Na última contestación recibida o pasado  21 de decembro a propia Rey Recimil recoñece a existencia de novas sentencias, xa que nos informa que solicitou os servicios xuridicos copia testimoniada das mesmas, esto é, unha copia autentificada polo xulgado das sentencias para facernola chegar “é unha incongruencia, nos somentes pedimos que nos deixaran velas fisicamente non que se nos entregasen”, segundo a portavoz socialista esto non é máis que unha artimaña para evitar a entrega  da documentación mentras tentan ·cumplir con “excusas  infantís” cos prazos sinalados pola lei para contestar a oposición, “xa que case dous meses despois aínda non tivemos acceso as mesmas”.

 No concello, por datas, deberían existir dúas sentenzas, en torno a paralización dos dous inmobles que a promotora quería construir na Travesía de Campo e que foron paralizados polo anterior goberno xa que se trataban de licencias ilegais o   vulnerar o PXOM, e que de ser construídos os edificios, o existir varias denuncias de particulares paralelas que terían o mesmo resultado xurídico en contra das licencias, poderían xerar un grande problema económico o concello “ xa que o fín, o máximo responsable sería a entidade municipal , xa que as licencias otorgaronse sen informes nin técnicos nin xurídicos no goberno de Fernandez Vietez, algunha de elas cando era alcalde en funcións logo de perder as eleccións”

Estas sentencias chegarían logo de que o xulgado dictaminase que a paralización do proxecto de urbanización da rúa se fixera ben o cotravir o plan xeral e o fiscal pedira o arquivo da denuncia penal por prevaricación contra Paula Fernández  “Por agora o Concello gañou tódolos procesos abertos pola promotora Nova Carballera o que é un indicador clarísimo que a forma de actuar foi a correcta”

A resolucións sempre favorables dos procedementos previos  e a negativa a poder acceder a estas sentencias, nos obligan a pensar que, de novo, son favorables os intereses municipales “pero que Roucho non quere que se sepan, xa que criticou con demasiada ansia  esa paralización e agora non quere recoñecer que o xulgado deulle a razon, de novo, o anterior goberno. E como roucho non quere, Ofelia, non pode facelos públicos”.

Mais aló, as sospeitas dos socialistas, incorporan o ingrediente de que Rey e Roucho xa mantiveron alomenos unha reunión cos representantes de Nova Carballeira na casa consistorial, o que ainda xenera unha maior preocupación, “xa que en estas obras quedaban demasiados intereses por resolver o  non chegarse a executar a promoción”.

A portavoz socialista analiza a reunión mantida por rey e Roucho coa promotora “quizais aproveitaron a xuntanza para ofrecerlles  información de primeira man por algún motivo que non semella, en principio,  moi craro” eso si, evitando en todo momento, darlle a oposición a mínima información sobre o solicitado. Cree que non se debería nin siquera intentar,  chegar a un acordo coa promotora xa que “sería absurdo y totalmente ilegal, O xulgado ratificou punto por punto a actuación do executivo socialista neste proceso, deixando con elo claro que as licencias foron otorgadas ilegalmente por Roucho, o aludir  que os proxectos presentados no concello fixaban alineacións para os edificios diferentes ás do PXOM”

A portavoz socialista quere recordar “que teñen moito con quen negociar, sobre todo deudas da época de Roucho, para andar a facer negociacións con quen xa perdeu tódolos pleitos”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera