Silleda, 20 de xullo. O Concello de Silleda retoma o proceso para a legalización da actividade de locais comerciais, de hostalería, e outras entidades empresariais. Así, na xunta de goberno local que se celebrará mañá xoves, vanse abordar xa varios expedientes. Dende o executivo explícase que o procedemento xa comezara na anterior legislatura, cando o goberno de Paula Fernández Pena convidou a comerciantes e empresarios a presentar proxectos para regularizar a actividade dos seus negocios, unha iniciativa que como recorda a alcaldesa “tivo moi boa desposta” . De feito, concedéronse xa daqueda diversas licenzas.
Nestes momentos hai 41 expedientes pendientes para obter estes permisos, nos que xa se está traballando dende o departamento municipal de Urbanismo, para ir dándolle saída de forma progresiva nas distintas sesións da xunta de goberno local. Dos 41 expedientes en lista de agarda, 17 corresponden á solicitude feita por establecementos comerciais; outro 20 son para regularizar a actividade de explotacións gandeiras e as 4 restantes, para actividades de tipo industrial.