21 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 XUÑO / Fomento realizará melloras no entorno do

2011 XUÑO

Fomento realizará melloras no entorno do scalextric de Chapa

-A alcaldesa, Paula Fernández Pena, e o concelleiro de Obras, Manuel Cuíña Fernández, reuníronse co Xefe de Demarcación de Carreteras do Estado en Pontevedra, José Manuel Piris Ruesga -A Demarcación retoma o proxecto das sendas peonís entre Lamela e A Bandeira, Chapa e A Bandeira e entre Silleda e Taboada -O arquivo das denuncias contra tres establecementos do municipio por instalar terrazas no arcén da N-525, outro dos acordos conqueridos na reunión

 

22/07/2011

 

Silleda, 13 de xullo de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e o concelleiro de Obras, Manuel Cuíña Fernández, veñen de reunirse en Pontevedra co Xefe de Demarcación de Carreteras do Estado na provincia, José Manuel Piris Ruesga, co que abordaron varios asuntos pendentes. Así, Fernández Pena e Cuíña trasladaron ao responsable do departamento, dependente do Ministerio de Fomento, as reivindicacións dos veciños de Chapa, donde se están rematando os traballos de construcción do enlace entre a N-525 e a N-640, coñecido como scalextric.
Logo de que a Demarcación atendera as alegacións veciñais ao proxecto, restaban aínda por resolver cuestións como o paso subterráneo habilitado para vehículos e tamén peregrinos (xa que por aquí discorre a vía da Prata). O gálibo do paso no supera os 3 metros de alto, co que algúns vehículos pesados e agrícolas de grandes dimensión no poden utilizar este paso, que ademais supón o acceso principal á parroquia de Chapa.
Para darlle solución, o Concello de Silleda propón como alternativa mellorar outro acceso na zona, dotando un vial próximo con dobre sentido de circulación e ampliando e mellorando o entorno para facilitar o tránsito de vehículos.
Dende o goberno silledense, a alcaldesa, Paula Fernández, destaca o apoio e o contacto permanente cos veciños afectados pola construción do novo acceso, así como o compromiso de Piris Ruesga para levar a cabo as melloras solicitadas. Neste senso, cómpre destacar actuacións que xa se está realizando o departamento estatal como a ampliación da parada de autobús ao pé da N-525, para reforzar a súa seguridade.

 

Sendas peonís
Outro dos asuntos abordados no encontro, celebrado en Pontevedra foi a dotación de sendas peonís en varios tramos da N-525 (Santiago-Ourense), proxecto pendente da anterior lexistura que fora promovido no seu día polo goberno de Fernández Pena. En concreto, a dotación prevista sería entre as localidades de Lamela e A Bandeira; A Bandeira e Chapa; e dende Silleda a Taboada. Piris Ruesga explicou durante o encontro que a empresa consultora encargada de redactar o proxecto xa presentara unha proposta, pero as características desta non se axustaban ás obras solicitadas no seu día polo Concello de Silleda, cunha proposta moito máis sinxela, en canto a dotacións, que a recollida neste primeiro proxecto.  Deste xeito, Piris Ruesga apuntou que xa estaban a traballar na súa modificación.

 

Arquivo das multas contra as terrazas

 

Asimesmo, Paula Fernández Pena conseguiu xustificar e aclarar ante o responsable da Demarcación de Carreteras a polémica pola instalación de terrazas exteriores no arcén da N-525. “É un logro importante xa que logramos que se arquivaran as sancións contra tres establecementos hostalerios do municipio”, sinalou Paula Fernández lembrando que as multas establecidas tiñan un importe de 60.000 euros cada unha.
O pasado 31 de marzo, Fomento remitiu ao Concello de Silleda unha orde solicitando a retirada  das terrazas móviles por incurrir nunha infracción grave, ocupando a vía pública, e concedendo un prazo de 15 días. Dende o anterior goberno local, con data 5 de abril, respondíase a ese escrito. “En lugar de instar aos responsables dos establecementos a cumprir ca orde de Fomento, se lle pide incluso ao organismo estatal que conceda permiso para instalar as terrazas con carácter excepcional, o que demostra que non solicitaran a pertinente autorización”, sinala Fernández Pena.
Nesta comunicación o anterior goberno entendía ademais que o Concello tiña potestade sobre os tramos da N-525 onde estaban as terrazas, por consideralos urbanos“A instalación destas terrazas foi promovida durante a nosa etapa de goberno pero daquela non se permitiu a ocupación en tramos de vías nacionais”, advirte.

 

Danos no firme N-525 pola instalación dun palco nas festas
Outra das sancións que conseguiu retirar Paula Fernández grazas á súa xestión,  foi a imposta por Fomento contra o Concello de Silleda e contra unha empresa de espectáculos polos danos causados no firme da N-525 coa instalación do palco dunha orquesta durante as festas de verán de A Bandeira en 2010. A alcaldesa comprometeuse con Piris Ruesga a garantizar a seguridade viaria así coma o bo estado da carretera de cara a próximas celebracións.

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera