21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / MANUEL CUIÑA DENUNCIA DEFICENCIAS NOS VI

2010

MANUEL CUIÑA DENUNCIA DEFICENCIAS NOS VIAIS ARRANXADOS POLO NOVO GOBERNO

EN VILAR AS REPARACIÓNS FEITAS HAI MENOS DUN MES XA ESTÁN DESFEITAS.

 

11/01/2010

 

11 de Xaneiro de 2010.- Manuel Cuiña denuncia que nos últimos días, por mor das choivas, as reparacións feitas polo Concello de Silleda no primeiro tramo do vial que vai ó campo de tiro estase a levantar. O  ex-concelleiro de Obras, Manuel Cuiña denuncia que “en Vilar estiveron traballando 3 semanas, máis de 10 homes, e a reparación aguantou 15 días”, e advirte que se están a empregar métodos pouco axeitados o que provoca a pouca durabilidade dos traballos e que, incluso en zonas “as reparacións feitas aínda provocaron máis dano nos viais dos que había antes”, ó acumularse “unha grande cantidade de auga que ocupa a práctica totalidade da pista”.

Manuel Cuiña lamenta que se estea a “estragar un aglomerado que o Concello de Silleda tardou tanto tempo en conseguir, se ata foi necesario facer unha moción de censura para poder recibilo.”

O concelleiro reclamará por escrito ó Concello para que se adopten as medidas oportunas para que ese vial sexa reparado de novo, “malgastando así os cartos públicos; semella que en Silleda volvemos malgastar sen importarnos”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera