A oferta de actividades deportivas dende o Concello de Silleda contará este ano cun total de 14 modalidades deportivas. Dende o departamento municipal de Deportes, que dirixe Klaus Brey, vaise firmar un convenio coa empresa Turnativa que inclue a realización de diferentes modalidades. Así ofrecerase a práctica de patinaxe, natación, aquagym, aerobic, Pilates, Kun-Fu, baile para nenos e adultos, equitación, Taichi, ximnasia de mantemento, tenis e ballet. Estas actividades realizaranse nas instalacións municipais, pavillóns e no caso de natación e aquagyim nas depedencias do hotel Oca Katiuska, en virtude do acordo con esta entidade. Segundo se desprende de anos anteriores, prevese que nestas actividades participen preto de 370 persoas. O prazo de inscrición será do 12 ao 30 de setembro (na Casa da Xuventude) e os cursiños desenvolveránse entre o 3 de outubro e o 30 de xuño. Os horarios, datas de celebración e taxas a pagar polos usuarios concretaranse en días vindeiros.