16 de novembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ACTUALIDADE / NOVAS / Paula Fernández retoma con Benestar o pr

NOVAS

Paula Fernández retoma con Benestar o proxecto para construir unha residencia con centro de día

A alcaldesa reuniuse coa secretaria xeral, Susana López Abella

 

07/10/2011

 

Silleda, 5 de outubro de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, reuniuse hoxe en San Caetano coa secretaria xeral de Benestar, Susana López Abella, coa que departiu sobre un dos proxectos máis agardados e necesarios no municipio: a dotación dunha residencia con centro de día para maiores. “É unha vella demanda que se ven xa arrastrando dende hai varias lexislaturas”, sinalou a rexidora que realizou coa secretaria xeral  unha “posta en común tendo en conta que hai xa un proxecto case pechado coa Fundación Semana Verde para a cesión de terreos nos que se construiría este centro”, engadiu.

Durante o encontro coa secretaria xeral, Paula Fernández amosou a súa comprensión pola situación económica actual, por iso o proxecto plantexaríase no hourizonte de 2013. “En todo caso, as posibilidades de que Silleda conte cunha residencia e centro de día son boas”, apunta Fernández Pena, quen destaca a boa disposición por parte da Secretaría Xeral.

“Agora tócanos a nós traballar dende o Concello coa elaboración dun anteproyecto que recolla a realidade poboacional de Silleda e estableza o número de prazas que serían precisas para atender aos usuarios”, engade a alcaldesa. Así mesmo,  dende o Concello traballarase xunto coa Consellería de Traballo e Benestar no peche do acordo para a cesión de terreos por parte da Semana Verde. “En vista do alto índice de envellecemento da poboación de Silleda e da elevada demanda deste tipo de servizos, a residencia-centro de día é na actualidade o servizo que máis demandan os cidadáns”, remarca a alcaldesa.

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera