Ante os próximos comicios, o grupo municipal socialista, recorda a dispoñibilidade da sede de Silleda para todos aqueles que queiran participar activamente a través das súas ideas, inquedanzas…ou realizar calquera consulta.
A sede estará aberta en quendas de mañá ou tarde, de 9 a 14 horas ou de 16 a 21 horas respectivamente.
Coa mesma intención, quere achegarse aos veciños a través da súa páxina web www.silleda.psdeg-psoe.org e no facebook http://facebook.com/agrupacionsocialistadesilleda.
Así mesmo, a agrupación, anima a toda a cidadanía a participar no proxecto socialista, para seguir mellorando Silleda e defender un modelo público de calidade, por todo isto, iniciase unha nova campaña de afiliación.