21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / PAULA FERNANDEZ PREGUNTALLE Ó GOBERNO SE

2010

PAULA FERNANDEZ PREGUNTALLE Ó GOBERNO SE FIXO ALGUNHA XESTION ANTE O MATI POLA RECLAMACION FEITA ENTRE O ANTERIOR GOBERNO E OS VECIÑOS PARA A MELLORA DA SINALIZACION HORIZONTAL DA PO-205

O ANTERIOR GOBERNO ENVIARA A XUNTA UNHA RECLAMACIÓN QUE FORA CONSENSUADA E REVISADA POLOS VECIÑOS DE PONTE

 

12/01/2010

 

12 de Xaneiro de 2.009.- O pasado mes de outubro o goberno socilista remiteu a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas un informe no que se recollían unha serie de solicitudes de modificación da actual sinalización da estrada PO-205 Silleda-Vila de Cruces, na que recentemente a Xunta de Galicia acometeu un traballo de rehabilitación reforzando o firme e repintando a sinalización.

Daquelas o goberno socialista e os veciños da parroquia de Ponte  observaron que este repintado introduciu modificacións na circulación por esta vía. Tras manter contactos cos veciños, consensuarase a solicitude dunha serie de modificacións, que lle foron remitidas ao Servizo Provincial de Infraestruturas para que foran solventadas.

Agora, Paula Fernández, solicita  a Rey Recimil que lle diga se dende o novo goberno se fixo algunha xestión máis para resolver este conflicto ou se teñen coñecemento de algunha resolución ou reposta o respeto a día de hoxe.

Cabe recordar que en  concreto se solicitaba  a recuperación de dous cruces, que permitían facer xiros e cambios de sentido, ademais da recuperación á situación anterior de cinco puntos, de acceso a vivendas e fincas. Tamén se solicitaba reeestudiar o cruce co Centro Social, xa que a situación actual dificulta o tránsito aos vehículos agrícolas.

O mesmo acontecía coa liña discontínua entre a ponte da vía do tren e a ponte do río, que está marcada con liña contínua, ademais de solicitar liñas discontínuas nas entradas de tres pistas de servizo.

Finalmente, o informe incluía unha solicitude de estudio para a construcción dunha zona de xiro antes da ponte do río para permitir un cambio de sentido sen necesidade de construir unha rotonda. Esta zona de xiro, ademais, facilitaría o acceso dos vehículos cara a unha pista municipal existente en dirección a Saidres.

Todas estas demandas foran acordadas entre o anterior goberno local e veciños nunha xuntanza que tivo lugar a finais do mes de setembro “e estabamos a espera dunha resposta positiva cando se produxo a moción de censura”, afirmou Paula Fernández.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera