21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE LAMENTA A BAIXEZA DAS DECLAR

2010

O PSdG-PSOE LAMENTA A BAIXEZA DAS DECLARACIÓNS DE JAVIER CUIÑA CONTRA PAULA FERNÁNDEZ.

12/01/2010

 

12 de Xaneiro de 2010.- O Partido Socialista de Silleda lamenta a baixeza das declaracións de Javier Cuiña contra Paula Fernández. “Cando alguén se defende con insultos, ou ben non ten capacidade dialéctica, ou ben non ten argumentos; neste caso parece que se xuntaron as dúas variables.”

Os socialistas din que utiliza as descualificacións co único fin de ocultar que “de novo, o goberno de Silleda, minte”, xa que nas súas declaracións recoñece que existía unha subvención para o pavillón da Bandeira e que, ademais,  estaba concedida “pero calaron a boca para que ninguén se enterara de que renunciaran a ela.”

Para os socialistas esto é, de novo, a demostración de que día a día se lles van caendo os argumentos da moción de censura, como o de que o goberno socialista pechara as portas de Xunta xa que “En case tres  meses perderon o albergue de Bandeira e renunciaron a arranxar o pavillón por falla de cartos... deberon de abrir a porta de atrás, senón non se explica.”

Se o problema para renunciar a subvención do pavillón foi a falla de cartos para a aportación municipal, cabe recordar que  outro dos motivos que levaron a Rey a asumir a alcaldía foi a promesa de cartos para Silleda, “¿onde están?, con eles poderían ter asumido a aportación municipal para o pavillón da Bandeira, pero semella que van a chegar máis lentos do que lles parecía.”

Sobre as acusacións de boicot nas actividades organizadas polo concelleiro Javier Cuiña e “ese boicot non existiu nunca, as actividades deportivas  funcionaron sempre con normalidade  e  seguen a funcionar, e mais, aínda agora Javier  anda a presumir de canta xente está inscrita nas mesmas”.

Sobre o boicot  á Gala  do deporte, dicir que non se obtivo nunca financiación para ela a través de subvencións, nin da Consellería de deporte, nin da de  sanidade, nin da deputación “porque as administracións dixeron que non era un proxecto prioritario xa que non ía axudar a mellorar as condicións fisico-deportivas dos cidadáns e somentes ía ser un escaparate político dunhas horas de duración”

Os socialistas denuncian que as declaracións do edil a este respecto, veñen a ratificar o que todos sospeitabamos “O único que pretendía Javier con esa Gala era notoriedade politica aínda a costa de endebedar máis as arcas municipais” din dende as filas do grupo municipal.  Os socialistas rexeitan as acusación de boicoteo “rexeitar unha proposta por que non é viable economicamente non é boicotear. Boicotear é cambiar un goberno por que non te deixan facer unha gala ”

Javier Cuiña minte de novo cando afirma que o concello, sin contar con él, organizou a  gala coa axuda da Conselleria de Sanidade. “cando sabe perfectamente que, o que logrou o anterior executivo, foi unha axuda de Sanidade para facer a actividade de “Merendas saudables” non unha gala do deporte”.

O grupo municipal recorda que esta axuda conseguiuse grazas ó delegado provincial de Sanidade que quixo apoiar o proxecto de concellos saudables presentado polo Concello de Silleda que, pese a que foi un dos mellor situados na baremación a nivel de toda Galicia,non puido optar ós cartos por non acadar o ratio de poboación mínimo esixido “este dato era de sobras coñecido por Javier, por que foi el mesmo quen presentou o proxecto sabendo que podía ser rexeitado o non ter 20.000 habitantes. ¿como pode dicir agora que foi un capricho de Paula?”

Os socialistas aconsellan ó edil que se poña a traballar e que “pense que, o odio, a mentira e as malas formas, non son boas compañeiras”.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera