21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS DE SILLEDA E LALIN DENUNC

2010

OS SOCIALISTAS DE SILLEDA E LALIN DENUNCIAN QUE NA PONTE MEDIEVAL DE TABOADA DESMORONOUSE UN MURO DE CONTENCIÓN NUNHA LONXITUDE DE MAIS DE 10 METROS

14/01/2010

 

 Os Socialistas Silledenses e lalinenses denuncian que as choivas dos últimos días provocaron o desmoronamento do muro que contén o camiño de chegada pola parte de lalin a Ponte Medieval de Taboada, poñendo en risco a seguridade da mesma.
A ponte medieval, tamén chamada ponte Taboada, foi construida no ano 912 e é paso obrigado para os peregrinos que se acheguen a Santiago pola vía da prata. Ademais esta ponte é punto de encontro co camiño real da parroquia de Taboada
Dende as agrupacións socilistas requíreselle ó Concello de Lalin que adopte as medidas de seguridade oportunas coa mayor premura posible: “tan pronto como nos enteramos dos feitos advertimos á central de emerxencias para evitar calquera incidente cos visitantes”
Ademais solicitan ás administracións Silledense e Lalinense que se poñan en contacto para “solicitarlle conxuntamente a Patrimonio o seu arranxo de xeito inmediato para evitar que o desmoronamento chegue a afectar á propia ponte”
Os Socialistas  din que “á vista do acontecido é necesario que os dous gobernos fagan un estudio técnico para evaluar tóda as pontes polas que discurre a via da prata e así solicitarlle ó Goberno autonómico unha solución global”
Cabe recordar que os socilistas silledenses reclamaron estos días tamén o arranxo da ponte da Pedra en Chapa “que como non se lle faga nada pasaralle o mesmo”

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera