21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS LAMENTAN DE NOVO OS INSUL

2010

OS SOCIALISTAS LAMENTAN DE NOVO OS INSULTOS DE JAVIER CUIÑA

Pídenlle que se dedique a traballar e que se esqueza dos circos mediáticos que tanto lle gustan

 

14/01/2010

 

Os socialistas  Silledenses lamentan que de novo Javier Cuiña recurra ós insultos para dirixirse á súa portavoz “xa lle temos aguantado tantas a Javier no goberno, dende insultos, mentiras, ata descualificacións, que xa nin nos amolan nin nos preocupa que queira repetilo estando agora na oposición”
Dende o grupo municipal socialista din que é a Javier Cuiña a  quen con estas declaracións se lle esta vendo a súa verdadeira cara, “vese claramente que é un maleducado e un mentireiro”. Argumentan que antes de tentar desacreditar á portavoz socialista “con mentiras, manipulacións e faltándolle á honra”, debería ser  o propio Javier o que quitara as caretas “ porque ten moitas, así que recomendámoslle que debería empezar pola que tiña cando estaba no CIS, seguir pola do PSOE, logo a de colaborador do PP na moción de censura, e de último a de tránsfuga, eso si sen esquecerse da de Veterinario de Sila”
Os socialistas din que non entenden as acusacións do ex concelleiro socialista Javier Cuiña  “xa que fai referencia a unha irregularidade acontecida no departamento de Xuventude que el mesmo dirixía cando aínda estaba no goberno, así que debería terse autodenunciado a si mesmo no seu momento, cousa que non fixo, e non agora tentar tirar a súa propia deixadez sobre Paula”
Din que non é estraño  que no departamento de xuventude, na época de Javier, os seus “supostos” amigos traballaran como voluntarios, xa que é a súa forma de proceder, “senón que explique quen está a traballar como voluntario no punto limpio, no concerto da banda de Bandeira ou como azafatas na semana verde”
Para os socialistas Javier Cuiña estase esquecendo que el foi o responsable das áreas de xuventude, sanidade e deportes e nunca pediu a renuncia das súas atribucións ata que se converteu en tránsfuga e agora critica as labores feitas neses ámbitos como se el nunca formara parte do goberno socialista “Semella que non lle doen prendas en denunciar supostas incompetencias aínda que se estea chamando incompetente a si mesmo. A estas altura da vida Javier debería ter madurado un pouco”
Para os socialistas “Javier cuiña ten que empezar a traballar e esquecerse un pouco de Paula que si non vai chegar ó final da lexislatura sen ter nada feito. Os silledenses non teñen a culpa de que teña un odio enfermizo que roza a esquizofrenia con todo o relacionado con ela, pero o certo e que a enveza e así”.
Os socialistas teñen claro que non van a permitir que de novo Javier tente montar un circo mediático dos que tanto lle gustan “xa estamos un pouco aburridos das súas brabuconadas, para nos este señor deixou de existir, esta morto politicamente, e pode seguir ladrando todo o que queira, insultando a quen queira e mentindo sobre o que queira. Non é mais ca unha persoa con poucas ideas e moita malicia, así que a indiferencia será o noso sinal de identidade”
Eso si, a portavoz socialista, asegura que “este ano acudirei ós carnavais disfrazada de Vito Corleone, o famoso mafioso, para darlle o gusto a Javier de quitarme unha careta relacionada coa mafia, porque outra non teño”
Denuncias socialistas
Os socialistas ademais creen que a baixeza  de Javier trasládase tamén ao goberno “cando nos din que deberíamos xestionar o problema da PO205 e non limitarnos a facer solicitudes, supoñemos que recordarán que nos fixeron unha moción de censura ós poucos días de solicitalo, foron eles os que non nos permitiron xestionar ”. 
De todos os xeitos os socialistas din estar satisfeitos coa súa labor demandando actuacións ao goberno, “xa que grazas ás nosas denuncias o vial da deputación en escuadro xa está arranxado, e a alcaldesa falou da PO205 con Cores Touris grazas á nosa petición”

Paula Fernández  afirma con rotundidade que  “seguiremos traballando, dende a oposición, dándolle ó goberno as ideas que lle faltan, para mellorar Silleda, que para eso fomos elixidos, estamos onde estamos”

 

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera