21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE DENUNCIA QUE O CONSELLEIRO A

2010

O PSDG PSOE DENUNCIA QUE O CONSELLEIRO AGUSTIN HERNÁNDEZ PARALIZOU A CONSTRUCION DAS SENDAS DE MANDUAS NO ANO 2.009

SATISFEITOS COA NOVA PROMESA DE CONSTRUCCION DAS SENDAS CRITICAN QUE A XUNTA OFREZA AGORA A SÚA CONSTRUCCIÓN SEN DATA DE LICITACIÓN CANDO AS PARALIZARON O 15 DE XUÑO DE 2.009

 

15/01/2010

 

15 de Xaneiro de 2.009.- Os socialistas Silledenses fan pública a documentación que demostra que foi o  actual Conselleiro de Medio Ambiente Infraestructuras e Territorio D. Agustín Hernández o que ordenou a anulación dos cartos destinados ás sendas de Mánduas no ano 2.009, e que  o Delegado territorial Cores Touris era coñecedor desa decisión.
Á vista dos dous documentos semella  vergoñento que onte, na visita institucional realizada polo propio Cores Touris, viñera prometer de novo a construcción das sendas de Manduas “sen dicir nada de que fora o seu superior directo o que decidira non facelas  no ano 2.009, perdendo uns cartos consignados e cos que  a día de hoxe as obras estarían construíndose”.
Os socialistas recordan que xa lle advertiron a Rey que non volvera falar das sendas de Manduas sen papeis, porque sabiamos que algo máis tiña que existir  xa que non se pode esquecer que sobre as sendas existía orde de contratación “e que alguén a tivera  que paralizar”,  pero obviou a nosa advertencia, “e mentres ela e os seus secuaces, se dedicaban a insultarnos” os socialistas  faciamos o noso traballo e conseguimos a documentación que “nos faltaba para acabar de demostrar que estaban mentindo”.

Os socialistas non entenden  ademais a actitude do Delegado territorial que veu a Silleda a colaborar con Rey para continuar co seu “exercicio de demagoxia política prometendo, xunto a ela, e de novo a súa execución e negando calquera xestión previa, eso si , sen dar nin datas de licitación nin de contratación”.
Para os socialistas, que ademais, Rey negara  de novo a existencia do proxecto no concello para estas sendas “proxecto que foi redactado pola propia consellería”, ven ratificar, máis se cabe, que de novo “non di a verdade e por riba quere deixarnos quedar a todos por parvos” xa que “Paula Fernandez mantivo varias reunións cos propietarios dos terreos das sendas e mostroulles fisicamente o proxecto que agora ela nega que exista”
O grupo municipal socialista anuncia que lle trasladará ós veciños os documentos onde se ve claramente como foi o Conselleiro Agustin Hernandez o que impediu que as obras das sendas se iniciaran no ano 2.009”. Os socialistas van máis alá e  creen que estas obras foron paralizadas a  petición da propia Rey e de Roucho “ porque a data de paralización coincide coas datas nas que se empeza a falar da moción con Ofelia como posible alcaldesa” conseguindo con elo  que “o seu argumento de que tiñamos as portas da Xunta pechada puidera ser visualizada polos cidadáns . Ela pechaba as portas para ser alcaldesa e agora dicir que as ten abertas. Nunca lle importaron os cidadáns e nunca lle importarán”.
O malo é que con esta documentación e á vista da visita de onte, non só se demostra que Rey minte “algo o que por desgracia estamos empezando a acostumarnos” senón que tamén colabora na mentira  “o propio Cores Touris, porque non podemos esquecer que segundo palabras textuais do propio delegado “seguramente” a redacción do novo proxecto se fará en este ano 2.010 “das obras realmente non dixo nada”

Lamentan tamén os socialistas que dende a Consellería de Territorio e Infraestructuras “se lles de por falar, por que por agora non hai nada máis que iso, faladurías”  de cifras astronómicas destinadas exclusivamente ás sendas, cando o anunciado incremento de 700.000 corresponde co porcentaxe do 20% que legalmente se  podería utilizar para os posibles reformados de todo o tramo da estrada, “cando fagan o novo proxecto veremos que de novo están faltando á realidade”, por que é bastante ilóxico pensar que esta obra terá un  custe 700.000 euros cando no proxecto inicial, nas dúas fases e que fixo a  consellería o importe era de 205.190 € , “por moita plaqueta que lle metan a diferencia é moi grande”.
Agora o que esperan os socialistas é unha comparecencia pública, por fin de Rey, e de Cores Touris  para que “pidan desculpas ós cidadáns por ter mentido” e que aproveiten nesa comparecencia para recoñecer publicamente porque anularon a construcción das sendas no ano 2.009 “hai unha única razón, era unha obra que tiña que vender a Tránsfuga que sen a súa teórica autorización, pero si co seu apoio, logrou a Alcaldía de Silleda”

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

DOCUMENTO DO 15 DE XUÑO ASINADO POLO CONSELLEIRO, donde da orden de deixar sen efeto a desconcentración de credito de varias obras na provincia DOCUMENTO DO 15 DE XULO ASINADO POLA DIRECTORA XERAL DE INFRAESTRUCTURAS DIRIXIDO A CORES TOURIS

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera