15 de Xaneiro de 2.009.- Os socialistas, a petición de varios veciños da zona solicítanlle ao Concello que acometa a limpeza da rúa da Estación de Silleda xa que “fai varias semanas que non se barren, o que provoca que estean cheas de lixo e follas”
Esta situación é para os socialistas imperdoable “xa que seguen a ter o mesmo número de operarios na rúa que cando estabamos nos, e esa zona mantiñámolas limpas”
Tamén lle solicitan ó goberno que efectúe, como se facía nos últimos dous anos, a recollida diaria das papeleiras, xa que en algunha rúa como a Alonso Paz ou a República Arxentina as papeleiras levan “case unha semana cheas sen que ninguén as valeire”.
Ademais pídeselle que se volva dar instrucción os barrendeiros para que retiren das beirarúas as herbas que van medrando, porque xa volven existir zonas “cheas delas”. e critican que nas zonas axardinadas como a zona do trampantollo da rúa do cine “se vexa máis lixo que céspede”
Os socialistas pídenlle ó Concelleiro Fernández Vieitez que se de un paseo por Silleda cunha cámara de fotos “como facía cando nós estabamos no goberno”e que llas presente á Alcaldesa “haber si dándolle el a orden, volvemos ver as rúas limpas.
Para os Socialistas ter as rúas limpas é fundamental “non podemos permitir volver atrás e regresar ás épocas onde as papeleiras rebordaban e as calles estaban cheas de papeis, pero como non espabilen eso é o que nos quedará”