28 de maio de 2020

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 28-01-2010 / MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL S

PLENO 28-01-2010

MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE OS DANOS PRODUCIDOS POLO TEMPORAL FLORA. (Rexeitada polo Goberno)

18/01/2010

 

Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte
MOCIÓN:

Á vista dos danos producidos polo temporal Flora da noite do mércores 13, o Grupo Municipal Socialista propón que dende o concello de Silleda se lle ofrezan garantías os cidadáns afectados para que poidan dispor de liñas de axuda, xa que son moitos e diversos os danos provocados e moitos os Silledenses afectados, principalmente nas zonas rurais.
Os danos causados nas explotacións gandeiras veñen a complicar aínda máis de cabe a situación económica dos nosos gandeiros e gandeiras. Tamén os danos ocasionados en vivendas particulares son importantes e moitas de esas familias non dispoñen de medios económicos suficientes para afrontar a súa reparación.
Por iso cremos necesario que o Concello de Silleda habilite un fondo para as emerxencias máis inminentes e que se soliciten liñas de axuda o resto das administracións de Galicia, para que todos os afectados por este fenómeno natural teñan unha axuda para asumir os custes derivados dos arranxos nestes tempos de crise.
 
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista propón ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:
1º.- Que a Concellería de Medio Rural recolla e avalíe os danos producidos e se estableza un fondo especial para axudas de emerxencia.

2º.- Solicitar á Deputación de Pontevedra que abra unha liña de axudas para paliar os efectos provocados polo temporal.
3º.- Solicitar á Consellería de Medio Rural que abra unha liña de axudas para paliar os efectos do temporal .
        
Silleda, 17 de xaneiro de 2010

Asdo. Paula Fernández Pena

ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera