21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO SOCIALISTA CREE QUE O GOBERNO LI

2010

O GRUPO SOCIALISTA CREE QUE O GOBERNO LIMÍTASE A FACER PRESENTACIÓNS DE POSIBLES IDEAS PARA O PLAN, SEN TER FEITOS OS PROXECTOS A FALLA DE POUCO MÁIS DE QUINCE DIAS PARA A SUA PRESENTACIÓN

OS SOCIALISTAS FUNDAMENTAN A SÚA OPINIÓN POLA FALLA DE CONCRECIÓN ORZAMENTARIA NAS PROPOSTAS FEITAS ATA O MOMENTO POLO EXECUTIVO ADVIRTEN ADEMAIS QUE A DIA DE HOXE AINDA NON TIVERON ACCESO Ó UNICO PROXECTO QUE FALTABA POR REDACTAR O ANO PASADO DO PLAN ANTICRISE DA DEPUTACIÓN

 

18/01/2010

 

16 de Xaneiro de 2.010.-Os socialistas denuncian que a falla de pouco menos de quince días para a presentación dos proxectos do novo Plan E o goberno parece non ter claro que é o que quere facer con estes fondos xa que se limita a presentar unha idea cada fin de semana, “sen documentación técnica nin valoración económica“ e que a estas alturas xa deberían ter cuantificada unha relación completa das obras a incluír no Plan E para “facer os reaxustes  necesarios en cada proxecto para cadrar a cantidade final”
As ideas presentadas polo goberno ata agora “semellan sacadas do programa electoral socialista e por iso aplaudímolas” pero solicítanlle ó goberno máis dilixencia na tramitación  e tamén máis profesionalidade “ nun plan deste tipo non se pode depender da improvisación nin esperar ó último día para ter claro o total das obras que se van incluír e, por suposto a súa cuantificación”.
Ademais os socialistas fundamentan as súas dúbidas no feito de que ningunha das propostas presentadas teñen valoración económica, “se o proxecto estivera feito o orzamento coñeceríase” e nas súas dúbidas sobre a capacidade de xestión do executivo,  xa que a día de hoxe, e a pesar de telo solicitado, aínda non tiveron  acceso ó proxecto do plan anticrise da Deputación para obras de melloras en varios viais de Silleda. Este proxecto era o único que lles quedaba por redactar logo de ter eliminado dous proxectos dos xa presentados polo anterior executivo “ou ben nos impiden o acceso a este proxecto ou ben a estas alturas seguen sen telo feito, que é o máis probable igual que o resto das propostas feitas ata o día de hoxe”
Ademais os socialistas recordan que o anterior executivo fora o primeiro de toda a Provincia e o terceiro de Galicia en ter presentado os proxectos do plan E do ano 2.009 e que agora “ a este ritmo, a ver si polo menos chegamos a presentalos”

Os socialistas denuncian  ademais, a actitude de Roucho e da mesma Rey ,que tantas veces criticaran ó executivo socialista por non ter consensuado as propostas presentadas no anterior plan E, eso si, sen que ningún dos dous presentaran como concelleiros nin unha sola proposta “e agora permítense a inmoralidade de non entrar nin sequera a debate as propostas presentadas polos grupos da oposición no pasado pleno”.
O grupo municipal socialista quere, de novo, darlle ó goberno máis ideas, recordándolle ademais a obrigatoriedade de  poñer en marcha proxectos que nos axuden a cumprir os prazos marcados pola Directiva Marco Europea del Auga, segundo a cal debemos ter o noso concello saneado e abastecido antes do horizonte de 2.012, ”quizás este tipo de obras, non lle interese por que non son rendibles electoralmente a curto prazo e polo tanto curan poucas feridas das abertas pola moción pero son necesarias para os veciños”.
Para chegar a cumprir a directiva europea da Auga “e non quedarnos á cola como sempre” O grupo municipal socialista insístelle ao goberno en que deben empezar por facer obras  de saneamento na cercanía das  EDAR tanto de Silleda como da Bandeira para aumentar así o seu volume de vertidos e evitar custes excesivos nos recibos dos cidadáns. Tamén creen moi  necesario que se creen novos mananciais que axuden a evitar os bombeos tanto na parroquia de Silleda como de Manduas co fin de abaratar o recibo da auga.
Solicitan ademais que se analicen  como prioritarias aquelas actuacións  que deberían supoñer o remate de obras  xa iniciadas polo anterior goberno, nas zonas de Manduas e Cortegada en materia de abastecemento “ e que con pouco investimento darán servicio a un número altísimo de veciños”

Con estes principios solicitamos de novo ó goberno que se inclúan , os proxectos para:

  • Captación e depósitos de Abastecemento e Saneamento de toda a parroquia de Ponte.
  • Abastecemento na parroquia de Saidres
  • Abastecemento da parroquia de Ocastro
  • Conexión á rede municipal de Abastecemento e Saneamento das zonas da parroquia de Mánduas que non dispoñen dela.
  • Depósito de Abastecemento en Parada.
  • Captación e Depósitos da Parroquia de Cortegada
  • A conexión os colectores da rede municipal dos usuarios da zona de Lamela e Cervaña

Todos estos proxectos foron consensuados e aceptados de bo grado polos veciños o anterior Goberno, “e agora  pedimos que pola súa urxencia os inclúan no plan E , xa que por agora é a única financiación externa en firme que ten o Goberno de Silleda”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera