21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA LAMENTA QUE

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA LAMENTA QUE OS ARCOS DE LUCES DE NADAL SEGAN ACENDIDAS POLA NOITE.

18/01/2010

 

18 de xaneiro de 2010.- Os socialistas lamentan que a día 17 de xaneiro o arco das luces que nos desexa “Felices Festas” sito diante do Cuartel da Garda Civil, se siga acendendo todas as noites.

Cando en todas as administracións se está a facer un esforzo por controlar o gasto enerxético, en Silleda “seguen as luces de Nadal acendidas nun exemplo máis da falla de previsión do goberno”. A elección das luces de Nadal xa “foi desafortunada,” xa que non se tivo en conta en ningún momento esta cuestión ó non empregarse no mesmo lámpadas de baixo consumo “sendo un dos poucos concellos de Galicia que empregaron estas luminarias incandescentes, ademais duns modelos bastante anacrónicos”

Para os socialistas este non é un feito anecdótico, senón un feito “de preocupante atrevemento”, porque ademais, cabe recordar que a empresa hidroeléctrica de Silleda subministradora da corrente dos arcos é unha “das empresas ás que se lle deben moitos cartos, como para andar malgastándoos absurdamente”.

Ademais do gasto enerxético, os socialistas critican que durante o período de Nadal, “moitos dos arcos colocados non funcionaban correctamente, ou ben se acendían intermitentes durante horas” e en algunha zona funcionaban “lamentablemente como alumeado principal das vías ó estar apagada a rede municipal”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera